CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
FESTIVAL DE MÚSICA OURENSANO
O Teatro Principal de Ourense acollerá a celebración do primeiro festival de música Ourenclásica, que terá lugar os días 7, 14 e 21 de marzo ás 20 horas. Esta iniciativa nace dunha colaboración entre o Ateneo, o Teatro Principal e a Deputación de Ourense, co obxectivo de aumentar a oferta de concertos na cidade e poñer en valor aos intérpretes galegos con traxectoria internacional.
O cartel de actuacións comezará o sábado 7 de marzo co guitarrista Marcos Díaz. O día 14 de marzo será a quenda da soprano Catina Bibiloni, acompañada ao piano por Manuel Burgueras. Finalmente, o festival pecharase o 21 de marzo cun recital de violín e piano a cargo de José Manuel Álvarez Losada e Juan Carlos Cornelles. As persoas interesadas en consultar os programas detallados ou adquirir entradas poden facelo a través da páxina web oficial do Ourenclásica ou no sitio web do Teatro Principal.
Esta edición é especialmente significativa para o músico ourensán Marcos Díaz, quen suliñou que se cumpren vinte anos dende o seu último concerto no Teatro Principal en 2006 e celebrou a posta en marcha desta iniciativa, que permite ao público de Ourense asistir a concertos de primeiro nivel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último