A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
EMPREGADOS MUNICIPAIS
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe o municipio de Boborás onde comprobou os labores dun mozo que traballa e adquire experiencia como peón forestal, xunto con outros empregados municipais, grazas aos apoios da Xunta para a contratación das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, dirixidos a entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro.
Alí puxo de relevo, xunto coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, o valor deste tipo de apoios da Xunta a prol da empregabilidade xuvenil en servizos necesarios para a cidadanía. Nesta liña, avanzou que este ano seguirá potenciándoos cunha nova convocatoria dotada con 6,5 M€ co financiados pola Unión Europea a través do Programa FSE+ de Galicia 2021 – 2027, que se centra en persoas desempregadas de entre 18 e 29 anos.
Boborás é un dos 156 concellos que obtiveron este apoio en Galicia, dos que 43 son da provincia de Ourense. Grazas a eles se puido contratar nas entidades locais a máis de 170 mozas e mozos, 43 na provincia ourensá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia