LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 17 de julio
LUMES DE 2025
O Goberno de España busca darlle una nova vida aos montes ourensáns mediante a execución de traballos de restauración forestal nas zonas afectadas polos lumes do 2025, cun investimento de 9 millóns de euros. Así o destacou o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, durante a súa visita a Pobra de Trives para ver o avance das obras de emerxencia que financia o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco).
Esta é unha das 12 actuacións que contratou o Goberno na provincia de Ourense e que se estenden por 27 concellos, aclarou Santos, quen estivo acompañado da alcaldesa de A Pobra de Trives, Patricia Domínguez, e de persoal da Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Miteco.
O subdelegado destacou que as empresas que están a realizar estes traballos son da provincia de Ourense: “Son compañías da terra, que coñecen os nosos montes, e, desta forma, créase emprego nas zonas afectadas”.
As actuacións consisten na eliminación da madeira queimada para facilitar a posible rexeneración natural e eliminar ou diminuír focos de infección de pragas e adecuación de infraestruturas de loita contra a erosión para evitar o arrastre e perda do chan. Tamén se restauran as pistas forestais, mellorando os accesos ao monte.
O Miteco mobilizou, a través da Dirección Xeral de Biodiversidade e as confederacións hidrográficas, 34,5 millóns de euros para restaurar as zonas afectadas polos lumes forestais do pasado verán, destinando a Galicia 9.499.304 euros, para 13 intervencións, das que 12 son na provincia de Ourense, cun investimento de 8.826.672 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 17 de julio
CASI SESENTA AÑOS
Acevedo do Río y Celanova, la última unificación de concellos en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 17 de julio
Lo último
TAMBIÉN LA FAMILIA REAL
Pedro Sánchez asistirá a la final del Mundial entre España y Argentina en Nueva Jersey