ACTIVIDADES CULTURALES
Más relaciones interpersonales y participación, menos pantallas
REVITALIZACIÓN COMERCIAL
Artesanía, Saber e Sabor converterá as rúas de Ribadavia nunha mostra de produtos elaborados de xeito artesanal e, ó mesmo tempo, nunha homenaxe ó traballo feito coas mans. Un dos escenarios desta actividade será a igrexa da Madalena, onde unha decena de proxectos de diferentes lugares da xeografía galega amosarán os seus traballos.
Trátase dunha das accións que se desenvolverán entre o vernes 5 e o luns 8 de decembro, xunto co mercado de Artesanía Alimentaria na Praza Maior e a apertura dos locais comercias enmarcados no programa Vilas Vivas. Todos eles están promovidos pola Xunta dentro do proxecto pioneiro de revitalización comercial Vilas Vivas e nas medidas do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030. Deste xeito, a cita, que acada a súa segunda edición, eríxese como un espazo de reivindicación e visibilidade para os profesionais que traballan coas mans.
Para os artesáns presentes convértese ademais nun escaparate esencial para a promoción dun sector que traballa arreo por manter a súa identidade e valor.
Miguel Ángel de Barreiro, un dos nomes detrás do obradoiro de Nogueira de Ramuín Barreiros Artesanía constitúe xunto á súa muller a segunda xeración de ceramistas. A súa firma céntrase na auténtica porcelana, elaborando desde pezas utilitarias como xogos de café ou bandexas ata iluminación decorativa e xoiería.
O ceramista pon o foco no esforzo que require o oficio e na importancia de eventos como o de Ribadavia. “O artesán require moito esforzo no día a día, levántaste ás sete e non sabes cando te vas deitar”, comenta. Para el, é un traballo feito con paixón, cheo de “xornadas longas, pero que se fan con agarimo porque amas o teu oficio”. Para el, eventos coma este son unha plataforma crucial para divulgar o valor do produto galego fronte á competencia externa. “Esta visibilidade é o que necesitamos os artesáns”, precisa.
A necesidade de promoción tamén é un dos aspectos que destaca Antonio Fernández, de Enxógate, que achega a parte lúdica e de enxeño coa súa produción de xogos de mesa, habilidade e, máis recentemente, automatismos en madeira. Como artesán autodidacta dende 2013, o obxectivo para el pasa por facerlle ver ó consumidor sobre o que é verdadeiramente artesanía, lembrando que en moitas ocasións o mercado está copado por “grandes empresas que fan compra-venda” e confunden o labor artesán.
Por iso, insiste en diferenciar claramente as feiras controladas e supervisadas, como a de Ribadavia, onde “si podes ver artesáns que realmente somos artesáns, que temos aquí os obradoiros, que traballamos aquí e que facemos todo nós”.
Entre os participantes que estrean presenza nestes encontros organizados pola Xunta está Vanesa Gómez, de Amora, centrada na artesanía en lá e papel. Vanesa dedícase á encadernación artesanal, un camiño que comezou hai catro anos tras un cambio de vida “forzado” por problemas de saúde que a deixaron sen traballo.
“Empecei a buscar opcións e atopei a encadernación que me motiva, gústame. Foi un cambio de vida obrigado pero é o mellor que me puido pasar,” confesa Vanesa. Para ela, o valor destas iniciativas radica tamén na conexión humana. “Parécenme iniciativas marabillosas. É un pracer estar, formar parte da Artesanía de Galicia, verte con outros artesáns, compartir inquedanzas, cousas boas, cousas malas, falar entre nós… Sempre xorden colaboracións e sinerxias que son moi boas”, explica.
No eido da xoiería téxtil, Zeltia Rodríguez acode coa súa marca “Zeltia ao aire”, amosando como a tradición se pode transformar en vangarda. Zeltia utiliza a técnica do bordado ao aire, a mesma coa que se realiza a pasamanería do traxe tradicional galego, para crear pendentes, pulseiras e colares que evolucionan cara a pezas de maior formato para pasarelas e colaboracións de moda.
A súa misión é “descontextualizar o bordado ao aire cara a outras cousas, non só ao tradicional, senón que ten moita vida máis alá do tradicional,” o que implica unha constante investigación. Alén da creación, Zeltia dedica tempo ao ensino. “Dou clases... para que a técnica non se perda, poñela máis en valor do que tiña e que sexa máis accesible á xente,” conclúe, destacando que a feira é o punto perfecto para dar a coñecer esta técnica, a miúdo confundida co macramé”.
Os responsables de Barreiros Artesanía, Enxógate, Amora e Zeltia ao aire son catro dos dez artesáns que desplegarán o seu bo facer na Igrexa da Madalena dende este venres ata o luns, enchendo o espazo nunha mostra de produtos para tódolos gustos que atesouran un mesmo amor polas tradicións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACTIVIDADES CULTURALES
Más relaciones interpersonales y participación, menos pantallas
ACTIVIDAD FÍSICA
Ribadavia moderniza el uso de instalaciones deportivas
LA REHABILITACIÓN
Urgen que se presenten las cuentas en Ribadavia
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago