MÚSICA Y JUVENTUD
A Lira de Ribadavia regresa a la competición con savia nueva
PRESENTACIÓN
Pregunta. Por que este título?
Respuesta. Partín do hidrotopónimo que inventou Emilia Pardo Bazán para o territorio entre o Arenteiro e o Avia, onde sitúa as súas tres grandes novelas, Os Pazos de Ulloa, O Cisne de Vilamorta e A Nai Natureza, e que ela chamaba “o Avieiro”. Dona Emilia viña coa súa familia pasar os veráns aquí, en Banga, Cabanelas, Cea, O Carballiño. E con ese punto central o que fixen foi recuperar a miña memoria, revivir a miña época de mociño, os días de feira, os recordos familiares e unha serie de persoas que tiveron influencia en min.
P. E como xurde a idea?
R. Escribino durante a pandemia. Acababa de sufrir a morte dun fillo nun accidente. Entre iso e que estabamos pechados nas casas, volvín ler as tres grandes obras de dona Emilia, que ambientou nesta zona. Isto levoume a revivir as historias da miña época, deses lugares onde eu medrei, e de varios personaxes de entón.
P. Como o definiría esta obra?
R. É un libro estraño, non é crítica literaria, pero tampouco é un libro de historia habitual, aínda que eu son historiador. É unha especie de “egohistoria”, na que reconstrúo momentos históricos desde a experiencia persoal. A partir da miña propia vida entre os anos 50 e 80 tento reconstruír a de dona Emilia no século XIX nestes mesmos lugares.
P. Que descubrirá o lector?
R. Unha Emilia Pardo Bazán conservadora e aristócrata, pero magnífica escritora. Que tres das súas grandes obras están ligadas a este territorio que a ela lle inspira. E tamén a reconstrución histórica dun momento persoal, de como un neno se converte en adolescente nunha vila entre os anos 60 e 70, cunha serie de persoas que lle acaban influíndo e nos que moitos da miña xeración se verán reflectidos.
P. Que personaxes rememora?
R. Entre outros, o do profesor Aurelio Miras, o do Ernesto Atanasio “O Corcheiro”, o Calviño de Correos, o do señor Pachó, que tiña unha tenda de alimentación, ou de Ángel Pagán, administrador do balneario do Carballiño, que era da familia de dona Emilia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA Y JUVENTUD
A Lira de Ribadavia regresa a la competición con savia nueva
TIRÓN TURÍSTICO EN RIBADAVIA
Ribadavia gana visitantes en verano y refuerza su atractivo termal
CULTURA DE LAS CIVILIZACIONES
Ribadavia invita a descubrir su historia y el legado sefardí
Lo último