O Riós recupera terreos para cultivos leñosos e o aproveitamento de castaña

POLÍGONO AGROFORESTAL

O Concello do Riós segue dando pasos para recuperar terreos para cultivos leñosos coa implantación do polígono agroforestal da Pousada

Publicado: 21 may 2026 - 04:15 — Actualizado: 07 oct 2026 - 13:13
Foto de arquivo dunha visita ao polígono agroforestal de Pousada, no Riós.
Foto de arquivo dunha visita ao polígono agroforestal de Pousada, no Riós. | Paisactivo.

O polígono agrofrorestal do Riós mobilizará 94 hectáreas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. O obxectivo deste instrumento é devolver a produción a áreas de terra que contan con boa capacidade produtiva, pero que se atopan infrautilizadas.

A actividade principal será a implantación de cultivos leñosos e o aproveitamento da castaña. Como secundarias, recolleranse os sistemas agroforestais e os cultivos de ciclo curto. Ademais, as modalidades de gandaría que se establezan deberán desenvolverse en réxime extensivo, con prioridade para as de produción integrada ou en ecolóxico.

A directora xeral de Agader, Paz Rodríguez, visitou esta semana os terreos onde se implantará o polígono da Pousada e nos que se desenvolven labores de roza. Rodríguez confirmou que xa se resolveu a investigación das máis de 660 parcelas que o forman, e que se está a elaborar o proxecto básico.

Contenido patrocinado

stats