Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán

CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE

Foron moitos os ourensáns que sufriron os embates da guerra e das súas consecuencias nos tempos de Annual. Emilio Muñiz estivo dez meses no batallón Zamora 8 e regalounos unhas crónicas deliciosas que deixou impresas neste xornal

Militares nos anos vinte perante os accesos ó cuartel de San Francisco onde tiña base o batallón Zamora 8.
Militares nos anos vinte perante os accesos ó cuartel de San Francisco onde tiña base o batallón Zamora 8. | La Región

O tan insólito como fulgurante e enigmático episodio que tivo como escenario a cidade de Ceuta, con ducias de milleiros de cidadáns marroquís tomando, ó xeito da “Marcha verde”, as súas rúas e sorprendendo, non só á temerosa veciñanza ceutí, senón tamén á opinión pública mundial, levoume a exhumar a este ourensán que exerceu de cronista hai pouco máis dun século e contou como lle foi daquela ós seus paisanos nuns anos nos que as guerras non eran híbridas, senón descarnadas afrontas con fogo real e mortal.

É certo que son moitos os episodios que se poden contar -ou que xa están contados- das múltiples “peripecias”, individuais ou colectivas, tráxicas ou vitoriosas, que tiveron en xaque á sociedade española durante as guerras que concluíron coa perda dos protectorados no actual territorio de Marrocos e que tantas vidas truncaron e tantas familias deixaron orfas ó longo e largo dos catro puntos cardinais do Estado.

Se cadra o paradigma dos que estiveron na fronte de batalla e deixaron as súas impresións inmortalizadas para a posteridade no ámbito social ourensán foi o coñecido Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-cho-sey”, mentres que outros como Víctor Campio preferiron deixalas escritas en formato de novela como “Baixo o sol do Magreb”, que perfectamente podería ser o título desta crónica, aínda que protagonizada por estoutro ourensán, tan anónimo como singular e ó mesmo tempo desafortunado, Emilio Muñiz Guerra, quen aproveitou a súa estadía de dez meses na retagarda dos campos de batalla que ardían e estouraban en 1922 entre Tetuán e Ceuta, para facerlles chegar ós avezados e preocupados lectores de “La Región” daquela como era que lles ía ós seus conveciños desprazados alá no batallón “Zamora 8”.

Con tan só 22 anos e unha aventurada longa traxectoria xornalística, afeito a ter visto xa o seu nome inserido no xornal, ós tres meses de estadía en Tetuán formando parte do referido batallón Emilio Muñiz enviou unha primeira crónica -á que logo lle seguirían arredor dunha media ducia-, que titulou “Cartas desde Tetuán”, na que ademais de poñer en contexto a situación bélica á que se enfrontaban -poñamos por caso o secuestro do Gran Visir de Tetuán e dunha sobriña- decidiu contar a intrahistoria -se cadra, máis humana- dos seus conterráneos ourensáns.

“En el Tercio de voluntarios hay muchos orensanos. Rara es la vez que al paso del tren por Riffieu no tengo la satisfacción de abrazar a alguno”, escribía en novembro do 21, idicando que uns días antes, volvendo de participar en Ceuta no “trasego macabro” de centos de feridos do “Alvaro Bazán” ós camións da “Cruz Roja”, cruzáronse na estación con outro tren de lexionarios e de entre as cabezas apiñadas nas xanelas xurdiu unha voz que berrou: “Se hai algún de Ourense que levante a man”.

Emilio di que ó escoitalo quixo correr para abrazalo, “pero el convoy partía. Me gritó ‘son do Barco de Valdeorras e chámome...’ Y la velocidad del tren me robó el eco de su nombre”.

Non foi esta a única experiencia na que os ourensáns eran os verdadeiros protagonistas. El era consciente de que as “cousas da guerra” estaban relatadas noutras crónicas de axencias e que o que el lle podía trasladar ós seus veciños era o que lles estaba acontecendo ós seus.

Así, unhas semanas despois dedicou o espazo a describir o ambiente no que confluíu con outro fato de ourensáns.

Foi “en el parque de automóviles de Tetuán y en calidad de agregados nos hemos reunido varios orensanos expedicionarios del batallón de Zamora”, ós que se lles presentou a oportunidade de “celebraren” xuntos “la noche que llaman de nochebuena en sentido religioso porque en otro sentido resultaría paradójico, y a impulsos del más sincero sentimiento hemos brindado por la feliz terminación de la campaña y por la prosperidad de Orense, que en noble anhelo ciudadano deseamos verlo engrandecido y enorgullecernos de ser hijos de un pueblo grande, rico, libre y culto”.

O “Café Hispania” de Ceuta, o correo do Panduriño e un “fotingo” de Tánger a Larache

“Cafetería Hispania” en Ceuta e antigo edificio “Simeón García” en Ourense.
“Cafetería Hispania” en Ceuta e antigo edificio “Simeón García” en Ourense. | La Región

Contenido patrocinado

stats