Obituario | Eladio Osorio, do pasamento dun vello amigo
ÚLTIMO ADEUS
Eladio foi alcalde de Castro Caldelas durante décadas. Foi dos primeiros da democracia e o primeiro caldelán que procedía do medio rural, dos Ruídos, unha pequena aldea da parroquia de Mazaira.
Durante o franquismo os alcaldes nomeábaos o gobernador civil, e sempre procedían dunha familia “respectable” da vila, quere dicir de persoas afectas ao réxime. Foi por ser de extracción humilde do Eladio o que marcou unha fita: o alcalde era fillo dun labrego.
Coñecía a Osorio dende sempre, por termos nacido na mesma parroquia e asistir á mesma escola rural. Partillei con el a miña infancia e boa parte da adolescencia. Un bo día este bo veciño e amigo chámame a Barcelona para me pedir que o acompañase uns días durante a primeira campaña electoral.
Eu non podía fallar á petición dun dos meus mellores amigos, aínda que non era moi optimista cos resultados, pois presentábase na lista dun partido de esquerda fronte a un electorado moi afín á dereita. Ademais, tampouco no equipo levaba figuras moi relevantes para unha sociedade controlada polo poder caciquil daquel momento.
Ían na lista persoas como Domingo do Grilo, hostaleiro, e mais Xosé María, taxista, entre outros. Non obstante, xa desde o primeiro mitin, na parroquia de Alais, mudou radicalmente a miña sensación ao presenciar o xeito en que as xentes labregas se achegaban en masa e lle dicían: “Adiante! Ti es dos nosos”.
Pero o que veu despois aínda me convenceu máis de que Osorio tomara unha decisión moi importante para el e tamén para o seu pobo, pois durante sete lexislaturas nunca deixou de ser un bo amigo e sempre foi elixido con amplas maiorías. Durante o seu desempeño demostrou que sabía ser o alcalde para todos e todas as caldelás, pois traballou a reo pola vila e tamén polas parroquias e aldeas do concello.
Descansa en paz, meu vello amigo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 26 de marzo
REDES SOCIALES BAJO JUICIO
Meta y YouTube condenadas a pagar 3 millones de dólares por dañar la salud mental de una usuaria
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior