Alfonso Rueda exerceu de delegado rexio este 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, na ofrenda ao Apóstolo 2025. "Tender pontes no canto de levantar muros; ofrecer solucións, e non crear novos problemas á xente; animar á concordia, en vez de sementar a crispación", subliña o presidente da Xunta de Galicia na súa invocación ao Apóstolo na Catedral de Santiago no día grande de Galicia.