30 ene 2026
Fabiola García denuncia a paralización do Goberno do plan de choque da Xunta
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou onte a residencia pública autonómica Porta do Camiño en Santiago, onde aproveitou para volver denunciar a paralización do Plan de choque da Xunta por parte do Goberno central, que interpuxo un recurso contra as homologacións automáticas de dependencia e discapacidade.