Raquel Nogueira Basalo: "Estar nominada por algo que fixen eu todo faime estar orgullosa"
Entrevista a Raquel Nogueira Basalo, actriz trivesa nominada aos Mestre Mateo
A xoven actriz trivesa leva traballando nas diferentes ramas da arte dramática desde fai arredor de dez anos. Fai uns días Raquel Nogueira recibiu a nova de estar nominada aos Mestre Mateo 2023, que este ano cumple a súa vixésimo primeira edición batendo récord de participación. Nogueira participa na categoría de mellor serie web co seu traballo “Historias Vageniales”. O 11 de marzo coñecerase si a única ourensana nominada se convirte na máis votada con esta obra na que enfoca desde o humor realidades das mulleres e a súa sexualidade.
¿Que a levou a presentarse aos Mestre Mateo?
En moitos casos son as propias productoras as que presentan os traballos dos diferentes actores, pero neste traballo todo foi feito por min, tiven que presentarme eu mesma. Ademais esta é unha oportunidade de poñerme no mapa en Galicia e que me coñezan máis.
¿Cómo recibiu a nova?
Colleume de sorpresa, non o esperaba e fíxome moita ilusión. Tiña as miñas dúbidas de que aceptaran o traballo. Imaxínate, estar nominada por algo que fixeches ti todo é para estar super orgullosa.
Cóntenos como naceu “Historias Vageniales”.
Sempre estiven moi convencida de querer facer algo de contido para mulleres e con humor para mulleres. Gústame moito a comedia e notaba en falta que trataran temas de mulleres. Levo 11 capítulos e a verdade é que alucinei ca visión que tiveron moitos dos vídeos.
O último que publicou fai uns días tiña a colaboración especial de súa nai e súa irmá, ¿Cómo foi?
Para min foi precioso poder facelo con elas, son as mulleres da miña familia e a verdade é que me sorprenderon, foron a tope as dúas e fixérono xenial. Foi moi divertido e ademáis é especial porque respetan o meu traballo e o valoran.
¿Canto tarda en facer realizar cada capítulo?
Aínda leva tempo, xa que hai creación, gravación e edición, esto último é o que máis tempo me leva. A creación é importante, estou lendo moito sobre feminismo, sexualidade e anatomía da muller. Nesto que estou facendo síntome cómoda, aínda que é máis costoso, pero hai máis liberdade creativa e personal. Algúns capítulos poden levarme unha semaniña tranquilamente.
¿Cre que co traballo de actriz se fai unha importante función social?
Sí, neste caso trato temas que moita xente non se atreve pero son necesarios. O que se está producindo tende a ser moi branco, sen pronunciarse, e eu teño a necesidade de falar diso. Sinto que chego máis ao público.
Teatro ou cine
Certo que desde que acabei os estudios abrín a brecha polo teatro clásico e a miña maior experiencia é nese apartado, pero si me vexo tamén detrás da pantalla. Quero ter máis experiencia no audiovisual.
Se gaña, ¿Cal é o seu soño?
Desde logo seguir traballando e evolucionando. Todo o que veña de productoras pois benvido será. Espero que esto me axude a que me coñezan máis xa que me encantaríame poder traballar na miña lingua materna, nunca tiven aínda a oportunidade, e poder formar parte do tecido cultural de Galicia. Aquí fixen moi poucos traballos, fun a teatro nos tempos da universidade en Santiago e quixera poder darme a coñecer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
Entre probetas y sacos de dormir, del Ourense oriental a Lugo