"O FÍO VERDE"
Un vídeo promociona el comercio de Valdeorras
ACTIVIDADES EN GALEGO
Os centros educativos de Rubiá e O Barco alíanse co comercio da vila na Semana das Letras Galegas. As actividades foron presentadas onte por unha representación dos equipos de dinamización da Lingua Galega e o presidente da asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, Jacobo Arias. “Trátase de poñermos en valor a nosa lingua, nosa literatura e nosa identidade”, explicou o mestre Brais Moure. Este ano, reivindícase o papel das cantareiras na perpetuación da Lingua. “Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela”, lembrou o profesor.
Na campaña participan os colexios Conde de Fenosa, Otero Pedrayo, Divina Pastora e Virxe do Camiño (Rubiá), xunto cos institutos Martaguisela e Lauro Olmo. Fotos dos seus alumnos, baseadas nos versos do Cancioneiro Popular Galego, serán expostas do 14 ao 31 de maio nos establecementos participantes, e os veciños poderán sumarse a campaña identificando os escaparates que conteñen cada verso.
Outra iniciativa consistirá na exposición de panderetas con versos no Paseo do Malecón.
O Concello barquense sumouse ás actividades das Letras Galegas cun ciclo de cine en galego, con proxeccións no Teatro Lauro Olmo, os días 7, 14, 21 e 29 de maio. Tamén haberá tempo para os libros, coa feira que abrirá o 17 e o 18 de maio na zona do arroio Cigüeño, no Malecón. O 17, a partires das 21,00 horas, a banda de gaitas e baile Coribantes ofrecerá unha escolma das súas pezas. O programa rematará a xornada do 23, a partir das 19,00 horas e na praia fluvial coa representación de Fantoches Baj “Castelao, un coración á intemperie”, dirixida a un público familiar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"O FÍO VERDE"
Un vídeo promociona el comercio de Valdeorras
PLAN PAI IMPULSA VALDEORRAS
Un plan inversor dejará siete millones en toda la comarca de Valdeorras
ASOCIACIONES FAMILIARES
Pacientes del Hospital Público Valdeorras lo decoran para Navidad
NÚCLEO DE 12 HABITANTES
Fervenza embellece sus calles para las fechas navideñas