riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
A recente Feira do Lázaro pechou as súas portas cunha valoración positiva dos seus obxectivos de dinamizar comercial e socialmente Verín e a comarca. Segundo os datos recollidos polo Concello a través de enquisas aos participantes, o evento tivo unha nota global de sobresaínte, cun promedio de 9,41. Ademais, o 94% dos emprendedores asistentes confirmaron a súa intención de regresar á feira en 2027.
Entre os indicadores salientados polos expositores, atópase a limpeza do recinto, cun 9,9, ou a calidade dos stands e a ubicación, ambas cun 9,68. A satisfacción tamén se estende ao horario e ao labor de promoción e difusión do evento, que foron valorados positivamente cun 9 e un 8,76.
No plano económico, as vendas obtiveron un aprobado cun 6,64, mentres que a programación cultural e as actividades foron puntuadas con un 8,21. No marco do evento tamén se entregou o premio ao mellor expositor, que recaeu nos produtores de Valdabella Group polo seu traballo no sector do mel artesanal.
O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, destacou que estas cifras “reflicten o compromiso colectivo de toda a vila, incluíndo servizos municipais, expositores e a propia veciñanza”, e avanzou que o Concello xa traballa na planificación da próxima edición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último