O Concello de Verín pide usar a auga "responsablemente" pola maior demanda
AUMENTO DA POBOACIÓN
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, sinala que non hai "escaseza" pero si un bombeo adicional que pode pór en risco as bombas do depósito
O Concello de Verín vén de publicar un bando no que solicita a colaboración da veciñanza para realizar un consumo “racional e responsable” da auga ante as altas temperaturas e o incremento da poboación durante o verán. O alcalde, Gerardo Seoane, aclarou que “non existe escaseza de auga”, pero si un aumento da demanda que está elevando o consumo habitual.
Segundo Seoane, o consumo sitúase normalmente arredor dos 4.000 metros cúbicos diarios e sobe ata os 5.000 nos meses de verán, capacidade do depósito municipal que se carga pola noite e que conta con auga “suficiente”. Non obstante, o alcalde apunta a que estes días estase rexistrando un gasto adicional “duns 800 metros cúbicos ao día”, o que obriga a activar pola tarde un bombeo adicional. Coas altas temperaturas, as bombas poden alcanzar rapidamente temperaturas elevadas, polo que o Concello instalou ventilación adicional para reducir o risco de que se quemen.
Peche da rega municipal
Entre as medidas adoptadas polo Concello figura o peche da rega en grandes superficies de Caldelas, A Preguiza e Fontenova. Seoane sinalou que se trata de zonas que son “facilmente recuperables” unha vez rematada a vaga de calor, mentres que outras superficies máis pequenas “poderían botarse a perder” de non regarse durante varios días e habería “que empezar de cero”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCIERTO SOLIDARIO
El OUFF recaudó en su concierto solidario de Verín más de 3.000 euros
150 ESTUDIANTES
Verín y Chaves refuerzan la cooperación en emergencias
Lo último