riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
FRONTEIRA COLABORATIVA
A sede da Eurocidade en Feces de Abaixo acolleu este venres a sinatura do Convenio Empresarial Transfronterizo, un acordo institucional para impulsar a cooperación económica, comercial e turística a ambos lados da Raia, subscrito polos dirixentes das asociación empresarial lusa Acisat, e as que reúnen aos empresarios e aos hosteleiros de Verín, Aever e Aehcom. En representación de Verín e Chaves acudiron o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e o vicepresidente da Câmara, Tiago Caldas, xunto a representantes doutros concellos, Xunta e Deputación.
O presidente de Aehcom, Alberto Prieto, explicou que o convenio nace para que a cidadanía “sinta a Eurocidade como algo propio”. Entre os proxectos máis inmediatos que se están a concretar para dinamizar, adiantou a organización da primeira volta ciclista transfronteiriza entre Chaves e Verín, a creación dun evento gastronómico, un congreso sobre augas mineromedicinais e a implantación de descontos en servizos públicos, transportes ou instalacións deportivas para os veciños de ambas localidades.
No plano institucional, Diego Lourenzo apuntou que “esta fronteira non pode ser un elemento de desunión, senón de cooperación”. Pola súa banda, Tiago Caldas sinalou a importancia “de crear políticas públicas na área transfronteiriza que poidan impactar directamente na vida das persoas”. Na mesma liña, o presidente de Acisat, Vítor Pimentel, destacou que o acordo “é um compromiso conxunto co futuro do noso territorio”. A acción inclúese no proxecto Incubtrans, cofinanciado pola UE mediante o programa Interreg España-Portugal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín