riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
COMERCIO LOCAL
A Asociación de Empresarios/as de Verín - Centro Comercial Urbano (Aever-CCU), que representa á meirande parte do tecido comercial local da vila do Támega, presentou este xoves a súa campaña con motivo da celebración do Día da Nai, o vindeiro 4 de maio, baixo o lema “Quérote mamá”.
Co obxectivo de incentivar as compras de agasallos e outro tipo de obsequios nestas datas, así como as vendas no comercio verinense, tódalas compras realizadas entre o xoves, día 24, e o domingo 4, poderán entrar no sorteo de cinco cheques regalo por importe de 100 euros cada un.
Para participar no sorteo, os clientes deberán rexistrar as compras que realicen nesas datas na web de Aever ou co código QR dos carteis ou das tendas. A maior número de rexistros, maiores serán as oportunidades de gañar.
O día 6 de maio desvelaranse os agraciados, que disporán ata o 30 de maio para gastar o cheque nun mínimo de dous establecementos, cun máximo de 50 euros por comercio.
Aever contará cunha carpa e con xogos inchables o vindeiro xoves, de 10,00 a 14,00 horas. Os tíckets de compra permitirán adquirir unha entrada, a un euro, para montar nos inchables, unha cantidade que se destinará á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), con sede en Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga