I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
INSERCIÓN LABORAL
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) impartiu en Verín curso de manexo de maquinaria de manutención para o uso da carretilla elevadora, a 11 persoas da comarca, de entre 24 e 59 anos.
Cinco dos participantes están reorientando a súa vida profesional trala concesión dun certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual, mentres que o resto busca emprego no sector do almacenaxe de mercadorías, un ámbito moi presente na comarca.
O curso realizouse con acompañamento práctico, ofrecendo a oportunidade de adquirir habilidades e coñecementos necesarios para o manexo seguro e eficiente desta maquinaria, e favorecendo a inserción laboral e as competencias profesionais.
O Servizo de Emprego de Cogami rexistra na súa bolsa un total de 183 persoas que residen en Monterrei, 22 das cales acadaron a inserción este ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
JUICIO EN OURENSE
Condenado un grupo criminal por traficar con droga en Verín
Lo último