TERCERA GENERACIÓN FAMILIAR
Pato Joyeros, tradición que se reinventa: "Temos moitas cousas que aportar"
PAGO A PROVEEDORES
O Concello de Verín aprobou este venres, nun pleno extraordinario e urxente que apenas pasou dos cinco minutos de duración, un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos con fin de pagar facturas pendentes do contrato da enerxía eléctrica.
O alcalde, Gerardo Seoane, xustificou a necesidade da sesión explicando que “estamos metidos nun plan de pago a provedores financiado polo Estado para liquidar as débedas de facturas anteriores”, razón pola que “é necesario que antes do día 6 de xuño estean recoñecidas tódalas obrigas de pago a financiar”.
Pola súa banda, a única forza da oposición, o Partido Popular, votou en contra. A súa voceira, Lara Da Silva, revelou que o Concello recibiu un aviso de corte de luz “o pasado 19 de maio” e criticou a “mala xestión que está levando a cabo o bipartito neste concello, que nos reunimos aquí con carácter de urxencia para pagar facturas de luz do ano 2023 ao 2025”.
Da Silva tamén advertiu que, segundo os informes técnicos do propio municipio, “a intervención advirte ademais que non hai crédito e que esta orde é imposible”. Malia a oposición do PP, a medida saíu adiante co apoio do grupo de goberno do PSOE-BNG.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERCERA GENERACIÓN FAMILIAR
Pato Joyeros, tradición que se reinventa: "Temos moitas cousas que aportar"
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
Lo último