ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
FOGARES ACCESIBLES
O Concello de Verín vén de cederlle á Xunta, de xeito gratuíto, unha parcela de 1.091 metros cadrados na avenida de Castela, tras asinar un convenio co Goberno autonómico para adherirse ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Esta nova ferramenta outorga a Verín o apoio técnico para ofertar, mediante concurso público en réxime de libre concorrencia, esta parcela de titularidade municipal, antigo solar dos camioneiros cedido polo Ministerio hai un par de anos.
Neste terreo está prevista a construción dun edificio con baixo e tres plantas que ofrecerá unha cantidade aproximada de 15 vivendas protexidas, que poderán ser tanto en réxime de alugueiro como de venda. Ademais, facilitarase a información aos promotores, cooperativas e á cidadanía, en xeral, sobre os solos dispoñibles.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo tamén se encargará da publicación do solo dispoñible, a redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas. Verín só terá que remitir a información sobre as parcelas a adxudicar, ditar a resolución de adxudicación e participar na mesa de contratación.
Na sinatura do acordo participaron o alcalde, Gerardo Seoane; a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue; o secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e a directora territorial en Ourense, Pilar Fernández.
Seoane avanzou que as vivendas, que contarán cun prezo “moi asequible e incluso terán subvencións”, permitirán sobre todo á xente nova da vila “optar por mercar vivenda de nova construción e non ter que comprar casas vellas”. Verín convértese no segundo concello ourensán, trala Arnoia, en adherirse ao programa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas