Las Antonias, o grupo que reinventou os clásicos boleros
Ana Lee, Elena García-Fresca Pérez, Marina Gundín, Raquel Huete, Marta Figueiredo e Lorena do Vinteún, as tres primeiras coruñesas e as tres últimas ourensáns forman Las Antonias, un grupo que vén de sacar o seu primeiro disco “Boleros y otras delicias”, no que versionan os clásicos boleros reinventando letras cara os nosos días, dándolle aires renovados e cun toque de humor
Máis alá dos boleros, non se encasillan, ska, cumbia e ata rumba pode ser posible con estas mozas que a escenario no que se soben, público que revolucionan co seu ritmo, música, voz e ledicia.
Quen son Las Antonias?
Raquel Huete: Somos unha banda que anda a cabalo entre Ourense e A Coruña cuxo estilo maioritario ven sendo os boleros, pero que pouco a pouco van sumando outros xéneros como o ska, o rock, a cumbia… ampliando pouco a pouco as miras.
O proxecto de recuperar temas máis clásicos como son os boleros xorde de Ana Lee. Ela escoitaba ao seu avó entoar cancións que ela aprendía e logo, cando ían segar ou a horta, cantáballas. Según medrada íase dando conta que esos temas tiñan unha letra non demasiado axeitada. Falaban das mulleres como posesión e convidaban a pensar que algo catastrófico podía pasar se elas os deixaban. Así que foi madurando a idea de darlle aires frescos e actuáis a eses temas.
A formación actual xurdiu na época postpandemia
Ourense e A Coruña, como xorde o contacto entre as compoñentes?
Marta: Las Antonias xa nacera na Coruña no ano 2015 da man de Ana Lee, Ana e Mamen, estas últimas tiveron que deixar o grupo e chegaron Elena e Marina. A formación actual xurdiu na época postpandemia. Eu coñecía a Ana e Mamen do Conservatorio Superior de A Coruña e como Mamen se ía, comecei eu con elas. Eu fun a primeira fichaxe de Ourense! (risas). Según íamos ensaiando pensamos que facía falta un baixo, e pensei en Raquel. Que non o dubidou e uniuse a nós. E chegou Lorena, que era a niña substituta de batería, e tanto nos gustaba que quixemos que tamén se unise. E así somos as seis “antonias”.
Resulta complicado estar cada unha nun lado de Galicia á hora de levar a cabo os ensaios?
Raquel: As de Ourense “xogamos na casa”. Como temos aquí o estudo de ensaio, veñen as mozas da Coruña ata aquí. Ao principio facíamos xornadas súper intensivas de ensaio, de sol a sol. Agora, xa temos fichados os horarios e a rapidez do tren e podemos axustar mellor e ensaiar medio día. Ademais, coincide que estamos moi ben divididas e as que temos a sección rítmica estamos en Ourense e facemos os nosos ensaios. As encargadas da parte máis coral tamén ensaia pola súa banda na Coruña. E despois xa nos xuntamos todas.
Temos tanto versións en galego como en castelán
Falabánme dun disco de boleros. Cóntenme.
Lorena: Si! Está recén sacado do forno! Neste mesmo 2023. Chámase “Boleros y otras delicias”. Está inspirado nos vinilos de toda a vida e ten, entre aspas, a súa cara A e a súa cara B. A cara A son cinco temas gravados coa formación recente, a que surdiu postpandemia. A cara B era o material que xa estaba gravado e que non queríamos que se perdese e non saíse á luz. Supón tamén unha homenaxe á xente que estivo na banda no pasado. E esas “otras delicias” que leva o título do disco ven de temas de ritmos tan dispares como a cumbia, o ska o pop e ata a rumba. No que atinxe ao idioma, temos tanto versións en galego como en castelán.
"Deconstruimos” as letras e poñémolas máis de acorde aos nosos tempos
Polo que teño escoitado, a eses boleros danlle unha volta de rosca que non deixa indiferente.
Raquel: De momento son versións -Marta: de momento, me momento. Que temos en mente comezar axiña a facer as nosas propias composicións! (risas)-. Nesas versións “deconstruimos” as letras e poñémolas máis de acorde aos nosos tempos. Hai que ter en conta que os boleros soían ter unhas letras de corte machista, e o que facemos e darlle unha perspectiva femenina. E cun toque de humor.
Ese toque que fai que a xente ademais de gozar da música e o baile, tamén lle saquedes un sorriso.
Marta: Ana Lee ata di que se considera máis interprete que cantante, imaxina! Pero ese puntiño fai que dende o escenario vexamos que a xente desfrute aínda máis e bote unhas risas.
Nós temos unha frase-lema que di “TodXs somos antonias”
Levamos un bo anaco falando de Las Antonias e aínda non lles preguntei de onde ven o nome do grupo.
Lorena: O nome naceu de Ana Lee, creadora do grupo, e dunha amiga que tiña un bar no barrio de Montealto da Coruña. A dona dese establecemento chegaba cada día e xa tiña a catro clientes fixos agardando. Catro homes. E os catro se chamaban “Antonio”. Así que á hora de decidir o nome, fíxolles graza e decantáronse por Las Antonias porque “Antonia” pode ser calquera persoa en Galicia e tamén en España, un nome máis incluínte que exluínte. E con eso digo que tamén no nome súmase todos e cada un dos espectadores. Nós temos unha frase-lema que di “TodXs somos antonias”.
Xa teñen unha cantas actuacións ás costas, como responde o público?
Marta: Temos que decir que Las Antonias recibe sempre unha gran resposta. As mozas da Coruña, o “tren dianteiro”, de seguida conectan co público, así que podemos decir que sempre que actuaomos, somos garantía de éxito! E dito dende a máxima humildade.
Para vostedes suporá un subidón ver esa resposta do público.
Raquel: Totalmente! Vemos como a xente se sinte identificada co discurso e o que reza. Que o que hai que fomentar é o amor propio, ter a autoestima un chisco máis alta, quererse a unha mesma antes que aos demais, respetarse… e ao final iso cala no público e a conexión é brutal.
E de cara o futuro?
Lorena: Temos claro que queremos crear os nosos propios temas. Así que no inverno tocará meterse no estudio e compoñer.
Teñén pensado en algún xénero en concreto para esos novos temas?
Marta: É difícil quedarse cun só xénero. Sería moi aburrido! Nós queremos crear os nosos propios temas, máis alá dun xénero ou outro. Sería como moi aburrido quedarse cun só, e aínda que o punto de partida fosen os boleros, buscamos unha mistura cun concepto fresco e orixinal. Tamén porque agora que somos seis abarcamos máis instrumentos. Así que alá imos pola creación propia. Porque sabemos que estamos capacitadas e tamén porque o público nolo demanda.
Temos boa música, boas letras, humor e moitas ganas de festa!
E antes de que chegue o inverno para meterse no estudio, como se presenta o verán?
Marta: Las Antonias coñécense máis pola Coruña que por Ourense. Aquí imos pouco a pouco. Así que facemos un chamamento a salas de concertos, festas e eventos varios, que nos chamen e nos coñezan. Temos boa música, boas letras, humor e moitas ganas de festa! Está demostrado en cada bolo que facemos que a xente queda encantada.
Queremos lanzar unha mensaxe de empoderamento a todas as mulleres
A modo resumen Las Antonias…
Queremos lanzar unha mensaxe de empoderamento a todas as mulleres sexa cal sexa o xénero musical que empreguemos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALUD DE CUERO CABELLUDO
Japanese Head Spa Ourense, un lugar multisensorial especializado en el cuidado capilar
30 AÑOS DE TRAYECTORIA
Recetas de toda la vida para una cocina gallega tradicional en Mesón da Tía Matilde
Lo último
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Oukinawa
MODERNIZACIÓN DO SANEAMENTO
Concello e PP de Verín chocan polo financiamento da mellora da depuradora
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Adeus á revolución cubana
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump quiere hacerse con Cuba