Grupo Trovare, uns "amiguetes" herdeiros de Manueal de Dios que se xuntaron para facer música da poesía

NO 2016

O Grupo Trovare nace como unha formación que interpreta música dos nosos poetas e compositores dando a coñecer a riqueza que temos neste ámbito.

Grupo Trovare.
Grupo Trovare.

Era o ano 2016 cando un grupo de amigos que se coñecían de formar parte do grupo de Vellos Amigos de Manuel de Dios, xunto con outros que proceden doutras agrupacións musicais, decidiron xuntarse coa intención de disfrutar da música activa e ofrecer unha porposta que se enmarca entre un coro e un grupo. E así foi como naceu o Grupo Trovare. Unha formación que interpreta música dos nosos poetas e compositores dando a coñecer a riqueza que temos neste ámbito.

Como xurdiu o Grupo Trovare?

Éramos cinco “amiguetes” que cantábamos no grupo Vellos Amigos de Manuel De Dios, un grupo do que nos quedou moi bo sabor de boca. E así, nolos cinco, que somos capaces de poñer a música por diante do fútbol (risas), quixemos facer algo diferente. Algo que non fose un coro nin un grupo. Que estivese nun punto intermedio e facer esa música que máis nos gustaba. A miña idade un xa non está por facerse millonario, estou, estamos, máis ben por loitar por e no ámbito cultural. E así foi a maneira de comezar este Grupo Trovare.

A nosa primeira actuación foi en Castrelo de Miño, e, a partir de aí seguimos no camiño. Facendo a música que nos gusta facer. Ofrecendo concertos na Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo onde somos grupo residente e coa que colaboramos, e tamén alá onde nos chaman: desde Xunqueira de Ambía ou Vilar de Santos, o Auditorio Ilduara e a Fundación Casa dos poetas en Celanova, ou a Fundación Vicente Risco, en Allariz, entre outros.

E de cinco pasaron a nove compoñentes.

Foron sumándose músicos doutras formacións, e algúns aínda comparten a participación neste grupo con outros. Co paso dos anos uns viñeron e outros marcharon. A vida vaite levando polos seus camiños.

Como son os vosos ensaios?

Reunímonos unha vez á semana, sempre e cando non haxa ningún compromiso, xa que de ser así, dobramos os ensaios. Para que todo flúa, Montse González encárgase de coordinalos e programar as interpretacións. E se hai algunha suxestión, se todos estamos de acordo, levámolo a cabo.

Como fan á hora de determinar a selección do repertorio?

Na nosa selección incluimos temas de diferente tipo. Só cunha premisa que nos ven dada: a influencia da afinidade que temos coa herdanza das pezas que Manuel De Dios nos deixou, así como dos músicos e poetas ourensáns. Ademais de composicións propias. Nese senso, non podo menos que agradecer que o grupo interprete cantigas que eu mesmo compoño. De cando en cando tamén incluímos no repertorio pezas doutros países, sobre todo de latinoamérica, que nos gusta moito.

No que atinxe ás pezas da súa autoría, como é a labor da composición?

Eu escribo moitas pezas, básicamente para guitarra. De feito teño tres libros publicados. Pero para mín é esencial que haxa un texto escrito previamente. Que ese texto me chegue e, automáticamente, a música xurde en mín. É como unha maxia que se produce según vou lendo e os acordes van xurdindo. Un tras outro.

Particularmente, á hora de compoñer, gústame moito elexir cancionerios populares, entre os que destaco, por exemplo o de Ramón Cabanillas.

Con música é tamén un xeito de achegar esas composicións ao público en xeral.

Elexir temas dos nosos poetas e poñerlle música, fai que os temas cheguen a máis xente. O caso máis claro que temos é “Aí ven o maio”, de Curros Enríquez, un tema que seguramente é tan coñecido por ser musicado e convertirse nunha especie de himno. No noso caso, ademais de Manuel de Dios, que ten un sinfín de cantigas escritas, un dos poetas que tamén traballamos moito é a Antón Tovar, autor da Limia. É incuestionable o vínculo que existe entre a tradición oral cos músicos que, coa súa composición, lle dan un importante pulo para que non se perdan. Unha constante que se repite en toda Europa.

Que buscan cos seus concertos?

A nosa música está pensada para actos culturais, non para eventos máis típicamente festeiros. Queremos, dalgún xeito, que a xente tamén se divirta, pero cun contido de reflexión máis profunda e con significado, que aportan as letras dos temas.

Cales diría que son os obxetivos do Grupo Trovare?

O primeiro, nós queremos gozar da música. E eso que nós desfrutamos, transmitilo aos demais. Nós non temos máis pretensións. Non buscamos encher un estadio de fútbol. Nós traballamos no ámbito cultural porque é o que nos gusta. E o que todos temos claro é que tentamos fuxir, na medida do posible, da axuda de medios técnicos e de son. Entendemos que o traballo en directo transmite mellor a mensaxe musical sen desvirtuala.

Que vos di o público?

Sorpréndese. Nun principio, pensar neste estilo de música ten as súas reticencias, pero para nós é unha forma de expandir a cultura, e a xente que a descubre, gústalles. Nós sentímonos orgullosos de espallar a cultura desde a nosa aportación a través da música.

Nestes anos camiñando xuntos, como ve a evolución do Grupo Trovare?

Moi ben e moi boa. Co tempo ímonos coñecendo, e entendendo, como amigos, cos defectos e virtudes que cada un de nós temos, pero, ante todo, respetándonos. E eso é moi positivo para que o grupo siga o seu camiño. Así que, sen grandes obxetivos, vemos que nos consolidamos como colectivo. Algo moi positivo nunha sociedade actual tan marcada polo individualismo.

Coa Venia

Contenido patrocinado

stats