Eva Gamote deja la alcaldía entre lágrimas tras “facer avanzar” Vilardevós
RELEVO PACTADO
La alcaldesa socialista de Vilardevós Eva Gamote se emocionó al renunciar al cargo y se despidió entre aplausos de vecinos y concelleiros
El Concello de Vilardevóscelebró este martes un pleno extraordinario con motivo de la renuncia al cargo de la hasta ahora alcaldesa, la socialista Eva Gamote, en virtud del acuerdo entre el PSdeG-PSOE e Interior Galego Vivo (IGV) tras las municipales de mayo de 2023.
Entonces acordaron una alcaldía rotatoria y de duración proporcional a la representación obtenida, en el marco de un pacto de gobierno que puso fin a 12 años de mandato del PP. Este viernes asumirá la alcaldía la líder de IGV, Tamara Balboa, hasta ahora teniente de alcaldesa, cargo que asumirá Gamote al formalizarse su renuncia.
La hasta este martes regidora pronunció un discurso de despedida en el que deseó “sorte e acertos” a Balboa, y se mostró convencida de que con ella “Vilardevós seguirá avanzando”. Gamote dijo que a su llegada el clima político estaba “crispado”, pero que en estos años “ten sido máis respectuoso e construtivo”, y afirmó dejar el cargo “tranquila e satisfeita de traballar pola veciñanza”.
Agradeció asimismo el trabajo de los empleados municipales, y especialmente la “entrega ao Concello” de sus dos ediles, Marina Lovelace y Elisa Fernández, momento en el que se emocionó visiblemente, y que propició los primeros aplausos de vecinos y concelleiros. Concluyó diciendo que “non me vou, só cambio o lugar dende o que servir a Vilardevós”, en referencia a su reciente estreno como diputada provincial.
“Marcho tranquila tras acadar para a vila obxectivos que nin eu imaxinara”
Eva Gamote (Vilardevós, 1980) deixou onte a alcaldía da súa vila natal -é da Devesa- á que ademais leva vencellada dende 2002 laboralmente, xa que ocupa o posto de educadora familiar, en excedencia dende que entrou en política.
Pregunta. Deixa a alcaldía xa como deputada provincial. É isto un punto e seguido na súa fulgurante carreira política?
Respuesta. É un cambio de rol, pero non collín a acta para estar alí e figurar. Quero traballar dende a Deputación por tódolos concellos, tamén por Vilardevós, e así o estou facendo xa. Nese sentido voume tranquila, tamén satisfeita, porque o da alcaldía foi un traballo moi arduo, moi constante, con moita tensión moitas veces, e tamén moita presión. Pero creo que fomos quen de sacalo adiante, conseguindo obxectivos que incluso nin eu mesma imaxinei que se poderían facer cando cheguei.
P. Que Concello atopou hai tres anos e cal deixa agora?
R. Cando chegamos non había case nin traballadores, e puxemos a funcionar o Concello con transparencia. Cambiamos as luminarias a LED, revertimos o custo excesivo da residencia, aminoramos as listas de espera dos servizos sociais, fixemos moitas obras nas aldeas, de saneamento, abastecemento, seguimos traballando no tema dos lumes. Penso que tocamos un pouco tódalas áreas, e non foi cousa soamente miña, senón grazas á implicación dos traballadores.
P. Houbo rumores, pero finalmente o pacto estase a cumprir.
R. Iso non era máis que ruído, como quedou hoxe demostrado. Fomos quen de chegar a consensos e de gardar un equilibrio. Eu tiña claro dende o minuto 1 ao que viñen e o que quería facer, e así o fixen.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RELEVO EN EL CONCELLO
Eva Pérez deja el martes la alcaldía de Vilardevós
TOMA POSESIÓN COMO DIPUTADA
La socialista Eva Gamote pasa este martes el testigo de la alcaldía de Vilardevós a Tamara Balboa, de IGV
Lo último