O patrimonio de Vilardevós protagoniza unha andaina con dúas rutas circulares
CDR PORTAS ABERTAS
Estas andainas por Vilardevós terán lugar o 31 de maio e permitirá coñecer paraxes emblemáticos como Salto do Cabalo
O domingo 31 de maio, Vilardevós será o escenario dunha andaina polas súas paisaxes, unha iniciativa organizada polo Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas co que busca convidar a veciños e visitantes a gozar da contorna natural da zona a través do deporte e o contacto co medio ambiente.
Ofreceranse dous itinerarios circulares para que cada participante poida elixir a opción que mellor se adapte á súa condición física. A primeira proposta é unha ruta de 18 quilómetros con dificultade media-alta, mentres que a segunda é unha ruta de oito quilómetros con dificultade baixa, ideal para quen busque un paseo máis accesible.
A xornada comezará ás 9,00 horas dende a Praza do Cruceiro de Vilardevós. O percorrido seguirá en dirección a San Roque, subindo ao emblemático Salto do Cabalo, baixando despois ata a ermida das Portas Abertas e rematando nas Picotas. A única diferenza é que a ruta curta non subirá ao Salto do Cabalo.
Para participar nesta actividade, é necesario inscribirse ata o día 28 de maio as oficinas de Portas Abertas en Verín e Vilardevós, así como a tenda Multisport en Verín. O prezo da inscrición é de cinco euros, importe que inclúe o seguro da actividade e o avituallamento. Esta andaina conta co apoio de Protección Civil de Vilardevós, Cabreiroá e Multisport.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias