Bruno López: “O que máis boto en falta de Galicia é, por suposto, a comida e o nivel da vida social"
MÚSICA E TATUAXE
Veciño de Xinzo de Limia emigrado en Países Baixos
Bruno López Barreal (1996) é un veciño da Limia, natural de Mosteiro de Ribeira, no concello de Xinzo de Limia. Nacido e criado no municipio, emprendeu o seu camiño aos 18 anos, cando se foi a estudar a Ourense, pasando por Londres e Burgos, e á que aínda non volveu, xa que actualmente reside preto de Rotterdam, a onde emigrou fai máis de un ano.
A derradeira vez que estivo na casa foi o pasado mes de xuño, cando veu ao bautizo da súa afillada. Producción audiovisual, fotografía, música ou tatuaxes son algúns dos eidos dos que conta con formación, ademáis de unha traxectoria profesional, especialmente na tatuaxe e pinchando música.
Pregunta. Que o levou a marchar a Holanda?
Respuesta. A nivel profesional o tema tattoos. Ser autónomo aí -en España-, a nivel de impostos que hai que pagar aí, toda a presión fiscal faino moi difícil e ao final Ourense quedábaseme un pouco pequeno tamén xa.
P. Pero non só se dedica a facer tatuaxes.
R. Agora mesmo estou medio de baixa, pero estou traballando nunha tenda de roupa.
P. Como ve aí a vida laboral en comparación a España?
R. Aquí sempre te coidan moito máis, todos os dereitos laborais se respectan... No traballo sempre están priorizando moito máis a seguridade, que ti simplemente fagas o que tes asignado, non tes que facer nada máis do que tes.
P. Que é o que bota en falta de Galicia?
R. A comida -risas-. O que máis boto en falta é o nivel de vida social. Ao final saes de currar e sempre hai alguén por aí ao que podes chamar e dicirlle: ‘Vamos tomar unha caña’ e sempre é un si.
P. Cando volve ten algún prato que diga ‘segundo chego a Xinzo, a Ourense, vou aí comer’?
R. O pulpo sempre.
P. Cando ven que é o que lle gusta facer?
R. Facer esa vida un pouco como a tiña antes, tampouco sen cambiar moito. E ao final hai moitas cousas desas que se botan de menos.
P. Pretende quedarse fóra xa para sempre?
R. Eu pretendo quedarme fóra durante moitos anos. Ao final Galicia gústame moito e eu penso que me vou xubilar aí... Pero foi como unha etapa que xa vivín e xa fixen todo o que tiña que facer aí en certo modo. Entón eu creo que para min vai para largo, e se nalgún momento me canso da vida aquí, non sei se volverei a Galicia, probablemente me iría a outro lado.
P. Cando va fóra e sente esa morriña, que significa Galicia para vostede?
R. A ver, por moito que te vaias fóra, Galicia sempre vai ser a túa casa. Ou sexa, sempre vai ser ese sitio onde nunca te vas sentir tan cómodo como estando en Galicia, nunca te vas sentir tan identificado con todo o que tes ao teu arredor como estando aí. Sobre todo, xa só polo feito de poder falar galego xa te fai sentir moito máis iso, como en casa, como no teu lugar, un pouco. Aínda que despois consideres que igual non é o teu sitio nun momento concreto, sempre vai ser o lugar onde podes volver e vas ter todo aí.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDADE SOSTIBLE
A bicicleta quere ser protagonista en Xinzo de Limia
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona herida tras colisionar su vehículo y salirse de la vía en Lamas
Lo último
Jesús Garrido
LA OPINIÓN
Del mismo sitio al mismo lugar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Dos intocables hasta hoy...