CIRCUITO NACIONAL
O II Master a Lagoa de futbolín chega a Xinzo
CIRCUITO NACIONAL
O Concello de Xinzo de Limia será a sede para o II Master a Lagoa de futbolín, un evento organizado pola Asociación Futbolín A Limia (AFAL) que contará co apoio municipal para reunir na vila antelana aos mellores xogadores do 16 ao 18 de xaneiro.
Nesta segunda edición, o torneo buscou profesionalizarse e contará co aval da Federación Española de Futbolín e incorporará novas ferramentas teconolóxica se dixitais para mellorar a experiencia competitiva, poñendo en xogo unha bolsa de premios superior aos 9.000 euros e 120 trofeos.
O II Master a Lagoa comezará o venres 16 co torneo infantil, unha cita de balde e con premios para ofrecer alternativas de ocio aos máis novos. A xornada continuará ás 21,00 horas co Torneo Cego.
A alta competición comezará o sábado 17 coas modalidades de movemento dende as 10,00 horas e o domingo 18 será a quenda da modalidade de “parado”, convertendo a Xinzo durante dous días no epicentro do futbolín ourensán ao acceder ao circuíto nacional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Bravo bravísimo, a la nueva pasarela del Barbaña pero...
FIESTAS NAVIDEÑAS
Una ruta gastrocultural llega hasta el Cabo da Vila
INSERCIÓN SOCIAL
El Centro Ocupacional de Verín celebra 25 años