O Polo de Emprendemento de Verín visita Xinzo para dar a coñecer os seus servizos
FOMENTO DO EMPREGO
O "Polo Tour 2026" do servizo de Verín quere trasladar as súas posibilidades ás localidades da súa área de influencia
O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín arranca este mércores, 8 de xullo, unha iniciativa itinerante polas localidades da súa área de influencia co obxectivo de achegar os seus servizos directamente ás persoas emprendedoras, autónomas e empresas.
Baixo o nome “Polo Tour 2026”, esta cita celebrarase no salón de plenos do Concello limiao de 20,30 a 22,30 horas, e conta coa colaboración da Asociación de Empresas e comercios da Limia (ProLimia).
Durante a sesión daranse a coñecer os servizos e recursos dispoñibles no Polo de Verín, resolveranse dúbidas e ofrecerase atención personalizada aos proxectos e iniciativas participantes. Ademais, habilitarase un espazo de “networking” para favorecer o contacto entre empresas, persoas emprendedoras e axentes do territorio.
Para participar, é recomendable inscribirse na páxina web do Polo de Emprendemento de Verín
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 2 de noviembre