Xinzo abre a convocatoria dos Premios da Cultura
GALARDÓNS
O Concello recoñece ás persoas e asociacións que impulsan este ámbito
A Concellería de Cultura de Xinzo de Limia vén de anunciar a convocatoria dos Premios da Cultura 2025, unha iniciativa que arrancou en 2023 e busca consolidarse como “símbolo de recoñecemento e gratitude” coas persoas, entidades e colectivos que contribúen, “co seu traballo constante e desinteresado”, ao desenvolvemento cultural do municipio.
Carlos Gómez, concelleiro de Cultura, explicou que a idea naceu para recoñecer aos motores da cultura da contorna, “que habitualmente nin son candidatas nin reciben ningún recoñecemento público”. Segundo apuntan dende o Concello, son un “acto simbólico de xustiza cultural”.
“Parécenos importante exemplarizar estas iniciativas, porque contribúen a completar a calidade de vida con actividades de todo tipo”, apunta Gómez, afondando en que “esta cultura que se fai no rural axuda a fixar poboación, a dinamizar os pobos e vilas”.
“Moitas veces é a propia xente das aldeas e non as institucións as que dinamizan o rural, e temos que decatarnos diso e apoialos”, continuou Gómez, “hai moita xente merecedora que fai moito traballo, que defenden a cultura, a lingua e a nosa identidade, e as veces nin nos decatamos”.
O grupo colaborador que conforma o xurado deste 2025 está integrado por “xente que xa recibiu este premio”, explicou o concelleiro, “é un grupo aberto e plural e moi comprometido coa cultura”: Cándido Paniagua Pousa, Xosé Calleja López, Manuela López Rodríguez, Fernando Dopico Blanco, Manuel Seoane Feijóo, Carlos Valle Rivera, Concepción Ogea Conde e Justo Gude Méndez.
Dende a Concellería de Cultura asumen a responsabilidade das propostas e das decisións adoptadas, mantendo un firme compromiso coa transparencia, coa participación cidadá e coa posta en valor do talento local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDADE SOSTIBLE
A bicicleta quere ser protagonista en Xinzo de Limia
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una persona herida tras colisionar su vehículo y salirse de la vía en Lamas
Lo último
INCIDENCIAS CONSTANTES
El PPdeG exige que el ministro Óscar Puente explique el “caos ferroviario” en el Congreso
TERCERAS DE EUROPA
Inés Sotelo conquista el bronce con España en el Eurobasket sub 20 (81-59)
AGOTAR LA LEGISLATURA
Israel convoca elecciones a primer ministro para el próximo 27 de octubre