Xinzo celebra o magosto coa asociación cultural A Pantalla
MAGOSTO
Porco ao espeto, empanada, bica, viño e castañas, foron os petiscos que prepararon dende A Pantalla para un “magosto completiño”
A Asociación Cultural A Pantalla celebrou como cada ano o seu magosto popular na vila de Xinzo. A Praza dos Ovos acolleu a decenas de veciños que decidiron achegarse malia a choiva e o mal tempo, pois a asociación preparou unha carpa para combatelo.
Porco ao espeto, empanada, bica, viño e castañas, foron os petiscos que prepararon dende A Pantalla para un “magosto completiño”. Tampouco faltou a música “cos da casa”, xa que Os Pataghulhos achegáronse para agasallar aos limiaos co seu ritmo. A cita era ás 19,00 horas, pero moito antes xa se podía ver ao porco dar voltas, o que abriu o apetito aos asistentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último