Xinzo colaborou con “Un alento de vida” no verán
COLABORACIÓN FUNDAMENTAL
O concello de Xinzo de Limia acolleu o venres a campaña de verán “Un alento de vida”
O concello de Xinzo de Limia acolleu o venres a campaña de verán “Un alento de vida” que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). O obxectivo desta iniciativa, que percorrerá a provincia, pasa por obter ao redor de 22.000 doazóns de sangue ata finais de agosto e fomentar a participación da cidadanía. Para iso, as unidades móbiles da Axencia visitarán máis de 170 concellos galegos para facilitar o acceso a este xesto solidario.
A Axencia lembra que todos os días do ano son precisas 400 doazóns para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais. Esta cifra se mantén nos meses de verán, un período especialmente sensible por mor da deslocalización dos doantes habituais.
Colaboración fundamental
A campaña “Un alento de vida” lembra a importancia de procurar unha oportunidade de curación para moitos enfermos que só poden brindarlle os doantes de sangue que, co seu xesto solidario, contribúen ao posibilitar o tratamento de moitos doentes atendidos no noso sistema público de saúde.
As persoas que participen na campaña de verán recibirán un agasallo como unha almofada ou un balón de praia pola súa participación e, nesta ocasión, ao carón da unidade móbil instalarase un espazo que simula unha típica terraza de verán. Os doantes poderán inflar un globo que pasará a formar parte da escenografía e, deste xeito, simbolizar ese aire que supón para moitos doentes recibir unha transfusión de compoñentes sanguíneos.
Esta iniciativa quere chamar a atención sobre a necesidade de doar aínda que sexa verán e desfrutemos de vacacións, lembrando que as unidades móbiles tamén terán unha importante presenza en municipios de costa e eminentemente vacacionais.
Elevada participación
A Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación pola súa implicación no desenvolvemento das campañas de doazón, así como o recoñecemento a todos os veciños de Xinzo que doan sangue. Neste sentido, lembrar que no pasado 2025, Xinzo acadou, con 528 doazóns, unha taxa de 55 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, índice que supera a media de de Galicia (39/1.000).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ENLACE CON LA AG-53
Un accidente múltiple deja al menos 3 heridos en la A-52 a la altura de Toén
OPERATIVO DE TRASLADO
Comienza el traslado de los migrantes de las playas de Ceuta al campamento del puerto
EVOLUCIÓN FAVORABLE
El incendio de Quiroga queda estabilizado tras quemar 420 hectáreas