Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Heraskevych, patria o trineo en los Juegos
Non lembro ben cantos anos hai que José Manuel Romay Beccaría exerceu como conselleiro de Agricultura. Tería que botar man da hemeroteca. Pero, se non hai vinte anos, poucos lles han de faltar. O que si lembro con bastante nidieza foi unha roda de prensa ofrecida nun dos veráns que lle tocou estar á fronte dese departamento, termando dun trebello en forma de paracaídas de xoguete (daqueles que lanzabamos de rapaces ó aire, cun soldadiño de goma maciza pendurando dos fíos) co que pretendía demostrar que a vaga de incendios forestais que nos asolaban daquela, estaba perfectamente organizada e deseñada por unha trama de 'terroristas forestais' que, non se sabía moi ben con qué motivo (daquela a culpa levábana, se mal non lembro, as empresas madeireiras), propuxéranse arrasar os nosos montes -e a nós con eles-, porque a cantidade de incendios era certamente espectacular.
Dende aquela, tampouco sería quen de contabilizar agora cantos conselleiros do ramo pasaron polo departamento autonómico que ten ó seu cargo a política forestal.
O que si sei é que, dende uns poucos anos denantes -é dicir, dende que temos autonomía- xa estiveron á fronte da Consellería -xa fose de Agricultura, de Montes ou de Medio Rural- representantes dos tres partidos políticos do arco parlamentario.
Como tamén sei que todos eles -ou os seus presidentes, tal como acaba de facer Alberto Núñez- nalgún momento de máxima 'actividade' do lume, botaron man da teoría do paracaídas (ou o que é o mesmo, da teoría conspirativa) para tratar de explicar o inexplicable. É dicir que Galicia (ou, mellor dito, a clase política galega), despois de trinta anos de xestionar de seu o noso medio rural en xeral e a riqueza forestal en particular, e de enterrar ou queimar (nunca mellor dito) milleiros de millóns de euros de fondos propios e alleos no intento, tense declarado totalmente incompetente para resolver a súa política forestal, transformando o que noutros lugares do mundo é un recurso -é dicir, un medio de vida- nun grave problema que está a poñer en perigo a nosa integridade social para o futuro. E isto é -heino repetir ata a saciedade- porque no fondo todos gobernan dirixidos polo 'chip' subconsciente do inexorable esmorecemento do medio rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Heraskevych, patria o trineo en los Juegos
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
Multas en vehículos de empresa: ¿quién paga y quién puede recurrir?
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Diga 33
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Filtraciones
Lo último
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
PROYECTOS PARALIZADOS
El atasco eólico paraliza en Ourense más de 400 millones en inversiones
LAS GUARDIAS DE LOS MÉDICOS
Ángel López, anestesista del CHUO: 24 horas al pie del quirófano
LOS TURNOS EN EL PUNTO DE MIRA
Las guardias localizadas, un serio problema en el área sanitaria