Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Mil cereixas para unha fartura. Arredondadas e de cor vermella, cando están maduras, medio brancas e medio negras, son un dos froitos que medra en varios lugares de Galicia, para gozo dos lugareños e dos paxaros que van voando e, sen pousarse, collen a carne da cereixa e deixan a súa garouba, colgada do rabo, na cerdeira.
Veñen todos, de todo o mundo, polo cheiro das cereixas de calquera clase, fundamentalmente, veñen polas de cedo e logo, se fai falta, volven cando maduran as tardías e, incluso, comen tamén das picotas, máis duras, pero moi sabedeiras e gustosas. As cereixas de Galicia, cando son boas, son como a ambrosía, para alimentar aos deuses.
É froita de verán, pero tamén sabe ben no inverno. Nos mercados están as galegas e as que veñen de fóra. Cereixas na mesa, na repostería, na escola e na literatura. O ruso Antón Chéjov publicou, a principios do século vinte, unha obra de teatro dedicada a elas, na que acadaban especial interese as flores das cerdeiras; en 2001, Blanca Riestra gaña o premio do Ateneo de Sevilla coa novela, `A canción das cereixas´; Nativel Preciado publica, uns anos máis tarde, `Chegou o tempo das cereixas´ e Montserrat Roig deixounos `El temps de les cireres´.
As cereixas de Emilia Pardo Bazán, de Marga Romero ou as de Rosa Aneiros, na mesma portada de `Sol de inverno´; as de Cunqueiro, Costa Clavell, Manolo Rivas e as farturas de cereixa de tantos outros narradores, poetas, ensaístas e contadores de contos, son mostras evidentes de que ademais de froitos son recursos literarios que engordan as bibliotecas públicas e particulares e que dan dozura ao padal dos lectores. Poden ser doces ou agres e cando son moi agres cambian de nome. Chámanse guindas e mestúranse coa augardente. Que ricas son!
Culleredo, Laracha, Abegondo, Valadouro, Chantada, Ribas de Sil, Pobra de Brollón, e a parroquia viguesa de Beade fan cada ano a festa da cereixa. Miles de persoas participan e danlle un colorido especial ao mes de xuño. Cereixas para a xente de tódalas idades, incluso para os políticos e lexisladores, para que redacten, debatan e aproben unha lei que as eleve á categoría de símbolo nacional de Galicia, par que sexa obrigatorio plantar cerdeiras no que eran prados e agros, freando a monumental expansión do eucalipto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas