Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Pobre Manolo de Lobeira e pobre Xan Sen Nada da Teixeira! Andan os dous mirando como pasa o vento e gozando co seu zoar xordo e continuado, mañá, tarde e noite. De noite por ser noite e de día, por ser de día. Eran dos máis pobres do lugar e sentábanse para descansar, mentres os veciños traballan no leiro, no prado, na seitura ou na bouza cavando. Escoitaban a radio e tremían, bracuñábanlles os dentes, os de arriba e os de abaixo, ao decatarse de que no mundo segue a pobreza avanzando e destruíndo.
Milleiros de pobres sen o imprescindible para vivir con dignidade. No mundo, milleiros e milleiros de pobres loitando sen forzas por algo que levar a boca dos seus fillos. Máis pobres que os citados, amigos de poucos bens, pero de corpo enteiro e alma enteira e chea de razón, de ledicia e de porvir. Todo está para eles na fase do porvir, por chegar, por ser e por querer.
Segundo datos aportados polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, cerca de novecentos millóns de persoas viven en condicións de extrema pobreza no mundo, é dicir, aproximadamente o dez por cento da poboación mundial. Unha verdadeira burrada, un disparate total e base de cabreos permanentes, desagradables e alongados no tempo, no corazón, no maxín e no peito ardendo de cada quen.
Milleiros de persoas subsisten con menos dun euro e medio diario, están na pobreza absoluta. Sen medios, sen comida, sen auga e coas portas pechadas cara o futuro. Sen posibilidades de andar, sen capacidade para seren donos de nada, nin tan sequera para sentir no lombo as inxustizas ás que están sometidos, por obra e graza dos que mandan e queren seguir mandando, sen interrupción, sen escrúpulos e sen intencións de cambio, por bo e necesario que sexa.
Parece conveniente ou, mellor dito, é necesario que os estados, os políticos e gobernantes teñan unha perspectiva global deste mundo para que a distribución de bens, de medios, de traballo e de todo tipo de riqueza sexa realizada con criterios de equidade e de xustiza. A Tía Manuela, sempre aproveita a ocasión e insiste en que o importante é facer ben o reparto, xa que, en contra da opinión dos neoliberais, “se medra a riqueza dos ricos, agrándase a miseria para os pobres”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas