Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Os estudantes universitarios pagan por un curso nunha das universidades catalanas tres veces máis que nunha das galegas, onde as taxas non se modificaron nos últimos anos e son as máis baixas das universidades do Estado. Temos unha Universidade de calidade contrastada, con equipamentos tecnolóxicos e con equipos humanos de alta cualificación, con investigadores de talla e talento que se sitúan nas respectivas áreas de coñecemento, e segundo avaliacións distintas, entre os de maior reputación do mundo. Agora mesmo, estes días, deuse a coñecer o resultado dun prestixioso ránquing, o coñecido como o ránquing de Shangai, que relaciona ás cincocentas mellores universidades do mundo e, entre elas, está a de Santiago de Compostela.
Que a cinco veces centenaria Universidade galega sexa unha das doce do Estado que se sitúan entre as mellores do mundo, é un orgullo para os universitarios galegos, para a comunidade docente e investigadora e para os cidadáns, que son quen pagan. Este ano mellorou posicionamento na listaxe, situándose no intervalo 301-400, xunto coa Autónoma de Barcelona, a Complutense, a Pompeu Fabra e as politécnicas de Cataluña e Valencia.
As que contan con premios Nobel ou Medallas Fields no seu cadro de persoal téñeno máis fácil para aparecer nunha boa posición na listaxe, pero tamén é relevante o traballo dos profesores e investigadores con publicacións en Nature ou Science, cun alto nivel de cita e de impacto. Este é un dos parámetros nos que a USC se defende con soltura e con solvencia, como no volume de artigos científicos indexados polo Science Citation Index-Expanded (SCIE) ou no Social Science Citation Index (SSCI).
Segundo o ránquing da Universidade Jiao Tong de Shanghai, a de Santiago é unha Universidade boa en produción científica, en calidade docente, na calidade da educación e en rendemento institucional per cápita. Máis de medio centenar de investigadores e investigadoras que traballan nos campus de Lugo e Santiago cóntanse entre os máis relevantes do Estado Español, polo seu índice h (indicador que informa do impacto que dentro dunha área científica concreta tivo a produción dun investigador). Os galegos estamos, pois, de noraboa. Xa o dicía a Tía Manuela, se hai coñecemento, non hai medo ao futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas