Maceda chora polo falecemento de Luis Sandín, "felo entroideiro de verdade"

Luis Sandín, felo incondicional do entroido de Maceda, morreu aos 29 anos

Luis Sandín
Luis Sandín

O xoven felo de Maceda Luis Sandín, de 29 anos de idade e recordado polo seu sentimento hacia o Entroido, faleceu na fin de semana.

Os seus compañeiros recórdano como unha persoa “do mellorciño que poidemos coñecer”. Héctor Fariñas, amigo de Luis de toda a vida, conta que era unha persoa que “vivía o Entroido coma ninguén”. Recorda que “acababa o Entroido e xa comezaba a contar os días que faltaban para que chegara o seguinte”.

“Era un primo para min, sempre disposto a todo. Era unha persoa que se facía notar moito, todo o mundo tiña boas palabras cara el”, comentaba Hugo Rodríguez, amigo de Luis Sandín.

Luis Sandín

Luis traballaba nunha fábrica no Polígono de San Cibrao e, segundo os seus seres queridos era “un rapaz que facía moito deporte, e coidábase moito”.

Un xoven moi querido en Maceda, que vivía coa súa parella en Xunqueira de Espadanedo e que será recordado por toda a comarca como un rapaz que vivía como ninguén o Entroido e nunca tiña una mala palabra para niguén, sendo moi querido para todos los que o coñecían.

Contenido patrocinado

stats