Os escolares do Carballiño celebran o Día Mundial da Poesía

Raquel Germade pintando o mural.
photo_camera Raquel Germade pintando o mural.

A Insua dos Poetas acolle un acto no que haberá recitales, música en directo e plantaranse árbores autóctonas no Carballiño

A Fundación Insua dos Poetas celebra hoxe o Día Mundial da Poesía e da Árbore, contando coa participación dos centros educativos: IES Nº 1, IES Chamoso Lamas, e os colexios Calvo Sotelo, Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón do Carballiño; Virxe da Pena da Sela de O Irixo, e Eulogio Gómez Franqueira, do San Amaro, que sumarán máis de 300 escolares.

Os alumnos recitarán poemas, haberá actuacións musicais, e ao finalizar tamén se plantarán árbores autóctonos nesta paraxe natural e cultural da Insua dos Poetas, situada na Esgueva de Madarnás. 

Durante o acto tamén se descubrirán catro novos murales adicados a Rosalía de Castro, de Yoseba MP; Manuel Curros Enríquez, obra de Raquel Germade; Eduardo Pondal, de NoveNoel, e de Valentín Lamas Carvajal, do que é autor Delio RC.

O acto está patrocinado pola Deputación provincial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, FP e Universidades e pola Consellería de Medio Rural. Colaboran o Concello do Carballiño e os centros educativos participantes.

Te puede interesar