XORNAL ESCOLAR

Axenda de ocio para os máis pequenos: do 9 ó 15 de decembro

Postais con moita música para felicitar o Nadal do Conservatorio

01_xornalescolar_0912_axenda_07

Con decembro xa comezado, aproxímase o momento de felicitar as festas e, como cada ano, o espírito do Nadal chega tamén ó Conservatorio de Música de Ourense, que convoca unha nova edición do seu concurso de postais. Esta nova volta do certame leva por tema “A música e o Nadal”. 

Se tes entre 8 e 12 anos e che gusta debuxar, no centro de formación musical agardan pola túa postal. As bases do concurso están disponibles na páxina web do CMUS, “www.conservatorioourense.gal”. Mañá, xoves, será o último día para enviar enviar os vosos debuxos. As propostas gañadoras servirán para confeccionar as postais de felicitación do Nadal do Conservatorio. 

Actuación con música tradicional para toda a familia

01_xornalescolar_0912_axenda_04

Chegan Os Monifates á Biblioteca Pública esta tarde ás 16h. Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), que bailan ao son da música que interpretan. Un día coñecen a un simpático peregrino chamado don Gaiferos, e deciden percorrer con el o Camiño de Santiago. Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen na súa traxectoria e farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe ata Santiago de Compostela. É precisa inscripción.

Campamento en Boborás

01_xornalescolar_0912_axenda_02

Os pequenos de entre tres e 12 anos de Boborás están convidados ó campamento que organiza o Concello para as vacacións de Nadal. Haberá actividades, obradoiros, xogos e moita diversón. Será a partir do día 22 de decembro e as inscripcións están abertas ata o vindeiro xoves, día 16.

Buscando a orixe do xeo con Frozen

01_xornalescolar_0912_axenda_06

O clima está afectando ao planeta e a consecuencia máis inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Julia decidiu investigar a Orixe do Xeo e buscar alguén que teña o poder suficiente para crealo. Un boneco de neve acompáñaa nunha viaxe chea de perigos, amor e moitas cancións neste tributo á coñecida película Frozen. 19/12/2021, Auditorio Municipal

Nova sesión de contiños na Biblioteca

01_xornalescolar_0912_axenda_05

Unha semana máis, Susana chega á Biblioteca Pública cos seus contiños para rapazada de catro a seis anos de idade e un montón de actividades relacionadas co historia que vai relatar. É preciso facer inscripción previa nos teléfonos 988 788 385 ou 988 788 386. 14/12/2021, Biblioteca Pública

Campamento aloumiñeiro nas vacacións

01_xornalescolar_0912_axenda_03

Chega o campamento aloumiñeiro de inverno. Preparade abrigos, botas, luvas e moitas ganas de pasalo ben nun entorno de natureza e liberdade. Serán setes días de marabilloso disfrute invernal en pleno bosque de Ourense. O prazo de inscripción xa está aberto e os interesados poderán anotarse no 627 781 547 ou no enderezo electrónico “[email protected]”. Vacacións de Nadal, Aloumiños no bosque

Volta a pista de xeo a Ourense polo Nadal

01_xornalescolar_0912_axenda_01

Volve un dos clásicos do ocio navideño na cidade. A pista de xeo do centro comercial Ponte Vella abriu as súas portas para recibir a tódolos nenos que quieran pasar unha divertida tarde patinando entre amigos ou familia. As instalacións están abertas de luns a venres en horario de tarde (de 17.00 a 21.00 horas). Sábados, domingos, festivos e durante as vacacións escolares, todo o día (de 11.00 a 22.00 horas). Ata o 09/01/2022, Ponte Vella

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante