PLAZO DE 18 MESES DE EJECUCIÓN
Comienza la obra en la OU-540, de Celanova a Bande
OBRAS E SALARIOS
O Concello de Bande ven de aprobar os orzamentos municipais para o ano 2026, cun importe total que supera os 2,5 millóns de euros.
No capítulo de ingresos destacan principalmente as transferencias correntes, que superan os 1,34 millóns de euros. Séguenlles os ingresos por impostos, que ascenden a 450.000 euros, e as transferencias de capital, cun importe de 580.000 euros.
En canto aos gastos, o maior peso recae no persoal, cunha dotación de 1.068.855,32 euros. Inclúese aquí un incremento salarial do 1,5% para o persoal municipal, así como créditos destinados á estabilidade laboral, antigüidade e programas de emprego vinculados á Xunta de Galicia. A esta partida séguenlle os gastos correntes, con 636.960 euros, e os investimentos reais, que ascenden a 753.059,69 euros.
O orzamento incorpora un destacado paquete de actuacións orientadas á mellora de infraestruturas e servizos. Entre elas figuran a mellora de camiños municipais en distintas parroquias, así como o Plan de mellora de camiños 2025-2026 e 2026-2027. Tamén se contempla a rehabilitación de vivendas destinadas a alugueiro social e diversas actuacións no ámbito turístico, incluíndo investimentos no entorno de Santa Comba e nas augas termais. Ademais, prevese a adquisición de terreos para mellorar o acceso ao Mercado do Xurés, xunto con investimentos en servizos sociais, educación e instalacións deportivas.
Ademais, inclúense partidas destinadas a subvencións e apoio a colectivos sociais, protección civil, promoción turística e fomento da actividade económica. O orzamento da entidade local tamén reserva fondos para actuacións básicas en infraestruturas, como a mellora do abastecemento de auga e da rede de sumidoiros ou a adquisición de maquinaria municipal para optimizar os servizos públicos e a súa eficiencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLAZO DE 18 MESES DE EJECUCIÓN
Comienza la obra en la OU-540, de Celanova a Bande
LV FESTA DO PEIXE
“Peixe” hasta hartar en Bande
CAMPIONATO DE PESCA
Bande fixo gala da súa hospitalidade na Festa do Peixe
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
48 HORAS DESPUÉS
La solidaridad toma el relevo en las aldeas de Viana do Bolo
TEMPERATURAS EXTREMAS
Una ola de calor sahariano dispara los termómetros en Ourense
Afonso Vázquez-Monxardín
As xoais de Zapatero, oportunidade perdida