SANTIAGO FERRER
La Diputación apoyará a la Fundación Vía Nova
CAMPIONATO DE PESCA
A Festa do Peixe de Bande viviu a súa segunda xornada, protagonizada polo tradicional campionato de pesca, o mercado de artesanía alimentaria e moita música.
A xornada comezou cedo coa xuntaza dos pescadores para o campionato e coa primeira charanga do día, Bandiños Band, que preto das 10,30 horas comezou co pasarrúas. Non foi ata media mañá cando o mercado de artesanía alimentaria, no que colabora a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), abriu as súas portas.
Xa pola tarde, a festa cambiou de tón e puxo especial atención ao deporte. Ás 16,00 horas comezaron as coreografías de patinaxe, as exhibicións de carreiras de velocidade, saltos e derrapes con patíns no pavillón de deportes, aos que se sumaron as mostras de breakdance. Ademais, o salón de actos do Concello acolleu a entrega de premios Peixiños nas Redes, unha iniciativa que ateigou as redes sociais de videos humorísticos. A troula continuou coa charanga Os Caliqueños, Los Fugitivos, o grupo musical los Coleguitas e a disco móbil DMR.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SANTIAGO FERRER
La Diputación apoyará a la Fundación Vía Nova
CEIP XOAQUÍN LOURENZO
Amplia oferta de actividades para los niños banduenses este curso
SALEN POR SU PROPIO PIE
Un vehículo se sale de la vía y vuelca en la OU-540 a su paso por Bande
MEJORA DE LOS ACCESOS
Bande y Xunta sellan su alizan por el Mercado do Xurés