Javier Rodríguez Rajo: "Hay que quitar a Barbadás da monotonía, está un pouco paralizado”
CANDIDATO A BARBADÁS
Javier Rodríguez Rajo, nuevo candidato del Partido Popular a la alcaldía de Barbadás, y conocido por su trayectoria como vicerrector de la Universidad de Vigo, da las claves de su candidatura.
Javier Rodríguez Rajo, nuevo candidato del Partido Popular a la alcaldía de Barbadás, y conocido por su trayectoria como vicerrector de la Universidad de Vigo, da las claves de su candidatura.
Pregunta. Cómo decide dar ese salto da universidade á política?
Respuesta. Teño un compromiso co concello de Barbadás. Son unha persoa que nacín, vivo e desenvolvín traxectoria profesional alí. Coñezo como foi a evolución do noso concello, dende que eramos 1.800 habitantes ata hoxe en día, que é un xigante con 11.000 habitantes. Hai que atender esas necesidades que coñezo de primeira man.
P. Qué cre que lle pode aportar á candidatura do Partido Popular?
R. A miña experiencia en xestión durante moitísimos anos, o coñecemento do terreo e a experiencia coordinando a moitísimas persoas. Sei o que se necesita para transformar as cousas e mellorar a vida das persoas. Todo ese caldo de cultivo fará que consigamos quitar a Barbadás desta monotonía dos últimos anos onde está un pouquiño paralizado en servizos e infraestruturas.
P. Ten xa conformado o seu equipo?
R. Queremos facer unha remuda importante no equipo, e sobre todo con xente que teña o respecto e a confianza dos veciños, que sexan cercanos, que sepan escoitar e representen a pluralidade do concello. Quero facer un equipo potente para que todo o que presentemos leve o aval de todas as parroquias.
P. Cales serán as súas prioridades de xestión?
R. Hai unha prioridade moi grande que é o déficit de infraestruturas, practicamente de cando tiñamos 6.000 ou 7.000 habitantes. Hai que avanzar neso, falar coas diferentes administracións porque moitas veces os orzamentos dun concello non te permiten abordar grandes obras. Temos que ter unha boa xestión do mantemento: tema de limpeza e tema de seguridade, que me chamou moito a atención os problemas que empezamos a ter de seguridade, mobilidade e accesibilidade.
P. Hai unha asignatura pendiente histórica: o instituto. ¿Será capaz de sacalo adiante?
R. Pareceme importantísimo que un posible alcalde se aproxime aos veciños a escoitar. O programa ímolo facer en función das necesidades que contrastemos cos veciños, e despois falando cos técnicos municipais, como se poden esas necesidades pois plasmar. Non quero facer anuncios de cousas que non se poidan facer, pero o instituto si que é unha realidade, unha encarga dos veciños. O primeiro que hai que facer é conseguir un terreo onde se poida facer ese instituto. Para iso pois hai que falar cos técnicos municipais, cos técnicos da Xunta de Galicia, para ver se se poden facer modificacións puntuais deste plan, do PXOM que temos, que hai que tamén abordar un cambio nese PXOM, e despois teño un plan para intentar atraer un instituto a Barbadás que inclúe o reorganizamento de moitos espazos de educación en Ourense, como o Quinto Instituto.
P. Ven do mundo universitario. ¿Aplicará tamén ese talante de consenso?
R. Hoxe en día falar é importantísimo. A pouca estabilidade que hai no concello moitas veces é porque non se fala. A min non me vai a faltar nunca as ganas de falar con todo o mundo, escoitar, e resolver os problemas.
P. Cómo ve a situación de inestabilidade que hai ahora mismo en nonconcello? Vese capaz de gobernar e manter un goberno estable?
R. Preocúpame porque moitas veces hai acordos incluso entre partidos que nunca chegan a bo porto, e como veciño non sei a que se debe. Os veciños teñen que saber cando se fai unha cousa por que se fai e por que vai ser beneficiosa. Eu véxome capaz, a clave de todo é facer un equipo plural, capaz de traballar en equipo, que sexa capaz de discrepar para mellorar as propostas e que represente a todos os núcleos do noso concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
23.000 PERSONAS
Ourense lidera la vacunación contra la gripe entre mayores
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Reina madre y reina