O berce dun cambio

Publicado: 18 oct 2026 - 00:50
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

A realidade política actual está incardinada en tres eixos principais: o populismo (divide e vencerás, promete e gañarás), a polarización (o uso e abuso da discordia) e a posverdade (a quen crer?). Xa no primeiro século antes da era común Salustio afirmaba que coa concordia medran as cousas pequenas e coa discordia derrúbanse as máis grandes.

Como afirmaba recentemente Timothy Garton Ash nunha entrevista; o desafío para Europa é triple: China no económico, Rusia no militar e EEUU no político. Porén, hai que ter en conta a regra do 7-20-50. Europa supón o 7 por cento da poboación, e baixando; mantén tamén á baixa unha quinta parte do PIB global e concentra a metade do gasto social do mundo. Así mesmo, Tocqueville aseveraba que a democracia aliméntase da promesa de abrir o porvir a imaxinación de quen vive nela mais no interregno que nos achamos as alternativas reais de cambio fronte á crecente desigualdade e as tensións xeopolíticas semellan utópicas.

No caso nacional, o problema da vivenda funciona como un catalizador que está a reactivar as mobilizacións sociais e esa pulsión de cambio pode ser canalizada polas diferentes formacións políticas de cara a unhas eleccións que suporán un punto de inflexión na guerra cognitiva, en expresión de Iván Redondo, na que o campo de batalla son as emocións e as percepcións da cidadanía; xa que como sentencia Nassim Taleb, a persoa a quen máis temes contradicir é a ti mesmo.

Xián Antón Lorenzo Rodríguez (Ribadavia)

Contenido patrocinado

stats