Se cadra unha reminiscencia vikinga

Publicado: 24 jun 2023 - 05:18

“Vos non me entregades o bastón de mando; dámo o pobo e recólloo eu” (Xoan Castaño).

Os feitos aconteceron en Catoira, co gallo da investidura do novo electo alcalde do debandito concello. A maioría absoluta conqueriuna o BNG, con 6 concellais, nacontra o PP con 3, e 2 do PSG-PSOE. Na anterior corporación rexía o PSG-PSOE, apoiado polo PP, logo dunha moción de censura que obrigara a dimitir ao agora electo representante do BNG. Nas investiduras é costume o xeito protocolario da entrega do bastón de mando ao novo alcalde, das máns dos concellais electos de maior e menor idade. Istes eran Alberto García (PSG-PSOE) e Iván Caamaño (PP), respectivamente. Ambos negaronse a facerlle entrega do bastón a Xoan Castaño (BNG), coma novo alcalde de Catoira. Castaño recolleu o bastón da mesa de idade, e ergueino coas palabras ditas no encabezamento.

Hai que ser verdadeiros demócratas para recoñecer a derrota electoral propia e o trunfo do adversario político. O demáis é trumpismo yanqui caricaturado, dirixido por hordas de cabestros, coroados con cascos empitoando longas cornamentas. Tal coma o levaban aqueles aguerridos vikingos. En Catoira, fai séculos, houberon enfrentamentos entre os lugareiros e exércitos vikingos, adicados a rapiña, no paso marítimo camiño cara Compostela. Endexamáis acadarían chegar ata a xurisdicción da reina Lupa, onde se atopaban, seica, os restos mortáis dun apóstolo cristián chamado Santiago. Axiña, achégase a miña lonxeva mente unha dúbida. Non haberá ADN vikingo nalgún veciño de Catoira? A mín, a actitude vergoñante destes dos concelláis é dunha actitude belixerante semellante da que facían súa os vikingos. Atacan co seu desplante protocolario ferir a vontade do seu pobo manifesta nas urnas. Desnús da obrigada cortesía, a cortesía na que é a maior mostra da cultura, coma diría Baltasar Gracián.

Vexo con desacougo coma ista democracia, que con moito esforzo custóu conquerila, vai camiño de afogarse nas escuras augas dun fascismo que nega, de cotío, a lexitimidad das urnas. Un fascismo sobrevivinte na Transición, que somentes recoñecía, noutros tempos, a dialéctica dos puños e as pistolas. Agora, descalificar, insultar, negar, espallar bulos para deslexitimar ao contrario, ven de sustuir aquela noxenta dialéctica. Haberían decatarse os políticos que son os seus feitos, e non os seus discursos, os que gañan o respecto dos demais. Ogallá que o acontecido en Catoira, se cadra, fora unha pasaxeira reminiscencia vikinga, condeada a esmorecer nun pronto amencer dunha democracia real, onde prime o interese xeral da ciudadanía e non voraces apetitos duns particulares, orfos dun compromiso ético, o que lles permite xogar cos votos para vivir do erario, e de corruptelas a eito.

Contenido patrocinado

stats