La Región
Recuerdo, César, que eres mortal
"Qué le pasa, qué le pasa a mi camión, qué le pasa, que no arranca" (Canción festeira de Darío Gómez)
A pasada cabalgata dos Reis Magos lembroume a camioneta do Agustín. O home era un personaxe dos moitos históricos que paríu a miña aldea. Posuía a única camioneta existente no concello. Adicabase ao transporte das mercadurías, e moi especialmente a carrexar pipotes do viño de Ribeiro. Isto último, sempre e cando o río Valderías baixara cheo, a segundo el mesmo dicía.
Aquel aparello rodante era todo un bricolaxe da mecánica e a carrocería. O seu Pluto Diesel competía en averías co Krupp Diesel do Auto Industrial ao chegar ao Alto da Serra. Aquelas carreteiras pavimentás de coios facían temblequear de tal xeito ao piso, que as suas tablas tiñan que asegurarse con cordas ou alames. Había que ter coidado de no perder un zapato, por aqueles ocos, cando nos levaba a algunha festa ou a xogar ou a ver un partido de fútbol do equipo municipal.
Era un bó cliente da policía de tráfico. Tíñanlle xenreira. Reprendíanno ata pola falla da iluminación, cando pra Agustín da Sireina a sua camioneta asemellábaselle coma Barcelona iluminada (sic). Aquelas rodas reproducían retais multicores dun arlequín. Eran as marcas dos múltiples pinchazos. Naqueles tempos os pinchazos eran cotidiáns. Somentes, liberaban do debandito contratrempo os carros das vacas.
Hoxe tamén pinchan ata as carrozas das cabalgatas, por moi monárquicas que sexan. Máis, non é unha desculpa pra romper a maxia que ateiga a noite ansiada polos nenos. Recomendolle ao noso alcalde Agustín, que non copie do seu tocaio. Que sexa previsor, se non o botan antes cos votos, e poña carros de vacas no canto de carros mecanizados. Amén de seguros, daríanlle un ar folcloríco. E poida, tamén, señor alcalde, que acadaría moita popularidade de seu, se fose vostede quen afalase coa aguillada ao dúo das bovinas rubias galegas. Entón dirialle, nas verbas do meu paisano Agustín, é vostede un valvanera, un bo tipo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
Recuerdo, César, que eres mortal
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Responsabilidad y trabajo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Peinar canas
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Libertad de expresión
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”