La Región
27 de junio
Desafiando á vaga de calor e á de lumes e coa tráxica situación Gaza presente, a nosa querida Auria volveuse encher de participantes do Campamento Urbano organizado pola Asociación Xuvenil Amencer. O lema desta 38ª edición, “Unha historia con futuro”, lembrounos que ao longo de todos estes anos foron e son moitas as persoas que o fixeron e fan posible; tamén que é un proxecto que medra cada ano e que alimenta a ilusión de moitas persoas.
Do 1 ao 13 de agosto, nesta iniciativa de tempo libre educativo libre, aberta e gratuíta, que ofrece oportunidades para vivir a cidade de xeito diferente, coñecer persoas, relacionarse de ti a ti, descubrir espazos e xente, xogar, vivir novas experiencias, gozar das vacacións, visitar novos lugares, refrescarse... participaron 1.017 nenas e nenos, adolescentes, mozas e mozos.
Grazas a todas as rapazas, rapaces, mozas e mozos que vos apuntastes!
Un ano máis queremos transmitir a nosa gratitude unha vez rematado o Urbano.
Grazas a todas as rapazas, rapaces, mozas e mozos que vos apuntastes! Por vós, todo cobra sentido. Grazas ás familias por confiar en nós e por confiarnos as vosas fillas e fillos! Grazas a todas as animadoras e animadores pola vosa xenerosidade e compromiso! Grazas ao Concello de Ourense e á Deputación Provincial por seguir apostando polo Urbano! Grazas á Obra Salesiana de Ourense polo apoio e doazón desinteresadas e á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia por compartir ilusión e proxecto con nós! E por suposto, grazas tamén a todas as persoas particulares, aos organismos públicos e privados e ás 128 entidades (incluso desde o anonimato) por acompañarnos nesta historia. Tamén grazas aos medios de comunicación por darlle cobertura e visibilidade a esta proposta (de maneira especial a La Región).
Ourensás e ourensáns, grazas e desculpas se polo desenvolvemento deste campamento causamos algunha situación incómoda.
Volveremos con novas historias o próximo verán!
Equipo Coordinador do Campamento Urbano 2025
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLAYAS MUNICIPALES
Viana y Vilariño ya tienen a punto sus zonas de baño
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar