Somos cando somos non sendo

Publicado: 30 jul 2026 - 01:10
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Cafetería céntrica no Carballiño. Sento ao lado dunha ventá. O que me permite observar facilmente o exterior. É cedo. Pasan un agarimo das oito da mañá. O servizo de limpeza da rúa realiza o seu traballo. O que máis recollen son cabichas. Cabichas por todos os lados. Xusto acaban de pasar e xusto detrás, cuestión de poucos metros, un veciño avanza e tira unha cabicha ao chan.

Así. Tal e como o escribo foi o acontecer. E non é a primeira vez. Ao que engadimos papeis varios. Gomas de mascar. Cáscaras de pipas. Mexadas e cagadas. Pises e merda. Por que somos así? De que vai isto? De que se trata? Onde está o misterio? Que nos falta? Que nos sobra? Cando un si é un si e un non é un non?

Como é posible que te mires ao espello e no non gustarte sempre vexas a outro? Como é posible que so te reflexes no gustarte? Como é que si somos cando somos e como é o que non somos cando non somos porque non nos convén ser? Como? Quen? Eu? Falas comigo?

Manuel I. Nanín (O Carballiño)

Contenido patrocinado

stats