La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Fomentando la vagancia
CARTAS AL DIRECTOR
Certos fenómenos culturais como expresións musicais de Rosalía ou representacións cinematográficas de directoras como Alauda Ruiz de Azúa son interpretados como síntomas dun “retorno do relixioso”. Porén, esta lectura require inscribirse na tradición intelectual da secularización europea. O fito decisivo formúlao Nietzsche en A gaya ciencia, onde a célebre morte de Deus non implica liberación, senón a conciencia dun baleiro estrutural na vida moral e epistemolóxica de Occidente. Dostoievski, en Os irmáns Karamázov, xa intuía a dimensión ética dese colapso: a ausencia dun fundamento transcendente conduce a unha indeterminación normativa radical. Max Weber desenvolve esta intuición no seu análise do “desencantamento do mundo”.
George Steiner, en Nostalgia do absoluto, amplía esta perspectiva mostrando como certos sistemas laicos do século XX tentaron ocupar o lugar explicativo da relixión sen chegar a substituíla. Jean-François Lyotard, en A condición posmoderna, diagnostica a incredulidade cara a eses metarrelatos substitutorios. Desde un enfoque sociolóxico, José Casanova demostra que a secularización non implica necesariamente privatización, senón transformación.
Xián Antón Lorenzo Rodríguez (Ribadavia )
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Fomentando la vagancia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El respeto trae la paz
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La verdad bajo amenaza
La Región
Caminando, aprendiendo
Lo último
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
La Región
El derecho a morir
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi