La Región
O consentimento dos perdedores
O psicoanalista lacaniano Slavoj Žižek asevera que hogan a ideoloxía dominante esfórzase en facernos crer a imposibilidade dun cambio radical, dunha democracia non restrinxida a un mero xogo parlamentario. Do mesmo xeito, George Bernard Shaw afirmaba ambiguamente que a democracia substitúe o nomeamento feito por unha minoría corrompida pola elección realizada por unha suposta maioría incompetente, inherente ao que Polibio acuñou no século II a.C. como a oclocracia. Seguindo este fío argumentativo, o psicólogo estadounidense Robert Trivers manifesta que canto mellor nos engañemos a nós mesmos, mediante as mentiras nobles ideadas por Platón, mellor engañaremos a todos; mais o prezo de vivir na mentira ten un coste inefable, reflexión que se pode ganduxar co optimismo cruel conceptualizado por Lauren Berlant e co expresado por Séneca, que profire que non loitamos para vencer ao mal, senón para que non trunfe.
Por conseguinte, escudriñar os feitos pasados e realizar unha análise crítica dos mesmos contribúe a que o célebre aforismo de Gramsci sobre que a historia ensina, pero non ten alumnos se metamorfosee na concepción que tiña Fernand Braudel: “O estudo da historia é como a observación do mar: as ondas son os acontecementos, as mareas son as conxunturas, e as profundidades oceánicas son a longa duración”.
Polo tanto, como explicita Claudi Pérez: “O apocalipse case sempre defrauda aos seu profetas”; xa que en medio do inverno racional hai un invencible verán no que o importante non é a realidade, senón a interpretación que temos dela e da cal os perdedores poidan artellar unha realidade alternativa ás políticas neoliberais do malestar; a través da resistencia colectiva e individual contra a inxustiza social, a desigualdade e a discriminación causadas polas principais formas de dominación da era moderna: o capitalismo, o colonialismo e o patriarcado.
Xián Antón Lorenzo Rodríguez (Ribadavia)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PASE A DISPOSICIÓN JUDICIAL
La matricida de Carballiño dice que mató a su madre porque pensaba que era el demonio
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
18 de xullo de 64 d. C.: o gran incendio de Roma