La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Se puede ser feliz sin publicarlo?
Algúns “neoideólogos” das redes sociais denuncian o pacto do PP con Vox pra gobernar en Castilla y León. Sabían perfectamente que iso ía pasar, porén aínda así denúnciano e vociferan contra Vox. Fan ben, todos sabemos por que. De paso retratan ao PP.
Porén o mal de todo iso vén de lonxe, viaxou na coroa dos Borbóns e acabou co Emérito nun país tan antidemocrático como rico en petrodólares, ou sexa, un país que tén a bendición de EEUU.
Sobran os abraios literarios nos medios de comunicación. Son mágoas secas nunha crónica dunha Transición fallida, se falamos de democracia, por moito que digan o contrario (unha mentira dita 100 veces segue sendo unha mentira) e lle queiran pór unha alfombra á volta dun corrupto que foi rei, dun país chamado ... Kafiristán? Non, porén hai similitudes.
Eses mesmos “neoideólogos” cargan as tintas contra a OTAN (con razón) e case xustifican a guerra de Putin como último recurso que este ditador tivo pra pór coto ao avance da línia virtual que divide a Europa do Leste con Asia, culpando maiormente á diplomacia de EEUU o feito de non haber escoitado e aceptado parte das esixencias de Putin nun novo equilibrio post “guerra fría”.
Porén Putin tén a maior responsabilidade de todo o que pasa e poida pasar en Ukraína nesta guerra anunciada coa boca pequena, que pode desembocar noutra guerra mundial se a UE non di “esta boca é miña”. A UE non debería ser un convidado de pedra neste enésimo conflito da OTAN versus Rusia (dende a URSS ata hoxe), porén é. Como tamén son as verbas dun Borrell que ve unha bombilla acesa, porén non ve o ocaso dun imperio nin o amencer doutro.
EEUU sabía que Putin, despois dos Xogos Olímpicos de China ía invadir Ukraína. Que fixo? Agardar. Agora que? Agora xoga á facer amizades peligrosas, cousa que sempre fixo, e poucas veces lle saiu ben.
“Ai! -dixo-, que triste!/ que triste eu estou!/ E o sapo, que oía,/ Repuxo ‘cro!, cro!”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Se puede ser feliz sin publicarlo?
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Apagón digital?
CARTAS AL DIRECTOR
Lupi Peña, director con elegancia
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Civilizaciones mesoamericanas precolombinas
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 23 de mayo