La Región
Recuerdo, César, que eres mortal
As empresas de telefonía son moi voraces, estou convencido de que cometen infinitas irregularidades. Da a sensación de que ninguen as controla, e que os políticos, o Goberno, Consumo, miran pra outro lado. Buscade en Internet e toparedes centos de queixas contra estas empresas.
E non vexo que cumpran a lei que as obriga a darte de baixa en 24 ou 48 horas. Este venres fixen unha ducia de chamadas a Jazztel, pra dar de baixa un teléfono, e despois dunha hora, e de gastar seguramente 20 ou 30 euros, non logrei nada. O de sempre, pasan a chamada a tres ou catro departamentos, ata que acaban cortando a comunicación. E sempre igual. A particularidade é que se trata do teléfono dunha muller de 93 anos, que hai case un ano que non vive na sua casa. Eu, fillo seu, seguín o que recomendou a propia empresa, todos os trámites, e teño probas.
Pero Jazztel segue enviando ó banco cada mes o recibo, por se cola. E cada mes teño que dar orde de que o devolvan, pra que reingresen o diñeiro por un servizo que está dado de baixa. Cada mes, torpezas dalgúns bancos, neste caso do Santander, porque hai outros bancos que rexeitan definitivamente un recibo, se lles ordeas nese sentido.
Total que, o final non logrei nada. Intentareino a próxima semana, pero resulta bochornoso, e sobre todo cruel, que, como Jazztel sabe de sobra, a vítima ten 93 anos, é case xorda e cobra unha pensión miserenta.
Eu non me escondo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
Recuerdo, César, que eres mortal
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Responsabilidad y trabajo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Peinar canas
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Libertad de expresión
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
Trasalba; na memoria e no horizonte