La Región
Gestiones en el concello
En San Pedro de Cambás (Aranga), tamén reivindican prezos xustos para o leite.
Os escraches ou a situación dos refuxiados son outros dos temas de actualidade que o nacemento da capela de San Antonio representa baixo o impulso do párroco Luís Ángel Rodríguez Patiño.
Unha crítica á actualidade social. Así é o belén representado na capela de San Antonio de Momán que, coma nos últimos anos baixo o impulso do párroco Luís Ángel Rodríguez Patiño, pretende recordar "unha realidade que moitas persoas viven na actualidade".
Para iso, a representación do nacemento chairego recolle a falta de vivenda digna, os habituais desafiuzados, a corrupción, os baixos salarios fronte aos elevados impostos ou a situación dos refuxiados, entre outros aspectos da actualidade. De feito, o portal de Momán foi desafiuzado para construír vivendas de luxo patrocinadas por corruptos que só buscan os seus beneficios e María refuxiase nunha tenda de campaña da montaña á beira do río que foi desviado do seu curso cara ás vivendas de luxo. Isto provoca que as granxas e pastos se queden sen auga instando aos gandeiros e agricultores a pechar ante esta dificultade e a da baixada dos prezos do leite. Igualmente, tendas e panaderías vense abocadas ao peche debido aos elevados impostos que deben soportar.
Papá Noel, simbolizando a ilusión e a esperanza do pobo, é encerrado nunha cárcere; pero non a mesma que a dos corruptos e estafadores, máis luxosa e con maiores servizos. Ao seu favor atópase o rei Herodes que se sente ameazado polo Mesías e salvador do pobo que protesta nun escrache xunto a outros cidadáns e cidadás –entre os que se atopa San Xosé- fronte ao palacio reclamando unha vivenda digna. Ademais, os Reis Magos son vetados na cidade. Só poden pasar Melchor e Gaspar, pero non Baltasar nin os seu paxes que son relegados a un "campo de concentración" xunto a outros "refuxiados".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán
SIN RIESGO DE TSUNAMI
Registrado un terremoto de magnitud 7,2 en el sur de Perú
EQUIPO DE RESPUESTA
Corea del Norte lanza una decena de misiles balísticos hacia el mar de Japón