La Región
Justicia y equidad
Collerei un folio en negro e ise será o meu lenzo, coas bágoas destes días trazarei un río que apague a nosa sede de impotencia!
Que escuro se ve todo, que negra é a cinza!
Collerei ese folio negro e escribirei con grandes letras en branco: Por un Mundo Rural Vivo! (Altri, minas, macroéolicos,...non tedes cabida)
Levarei ese folio pendurado dun pau aló onde me convoquen, Estamos de Loito! Máis tamén de Loita
Debuxarei 5 liñas brancas para formar un pentagrama onde o paporrubio poida entoar a súa melodía, ninguén coma el para protexer os nosos marcos!
Buscarei nas nubes as formas de todos os animais cos que me teño emocionado, para recuperar a enerxía do tremor que provoca a súa beleza.
Collerei a pena dunha curuxa para transformala en contos, en poemas,... Que escura é a noite! (sen a súa Dama Branca)
Porei os pesares sobre a terra ardente, vestirei de cores para que me recoñezas e xuntas fagamos que agrome de novo a Nosa Terra!
Inma Soto (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia
Eduardo Medrano
Motín de Esquilache